Agora que se achega o Samaín, queremos lembrarvos as actividades do cole nas que podedes participar para este Samaín. Fixemos este programa para animarvos a todos a participar. Non as perdades!!
Se nos fixestes nunca unha cabaza de Samaín, só tedes que seguir estas instrucións:
1- Escolle unha cabaza segundo as túas preferencias: alongada, redonda, grande, mediana... Recomendámosvos que non escollades unha cabza demasiado grande nin pequena, pois son máis difíciles de traballar. Máis que a súa forma, o importante é que comprobedes que non é demasiado dura para traballar con ela.
2- Coa axuda dun adulto, fai un burato pola parte superior da cabaza, (onde está o rabo). Faino con coidado, para que poidas usar de tampa a parte pola que furaches a cabaza. Ten que ser un burato suficientemente amplo para poder obrar por dentro da cabaza con facilidade.
3- Cunha culler grande, baleira o interior da cabaza (podes gardar as sementes para a primavera). Ten conta de deixala ben limpa, pero con coidado de non furar as paredes da cabaza.
4- Fai o teu deseño cun lapis sobre a cabaza. Bótalle imaxinación!! Ponlle ollos, nariz, un sorriso monstruoso...Tamén podes buscar modelos que te inspiren en Internet.
5- Coa axuda dun adulto, vai facendo buratos sobre o deseño que fixeches en lapis na túa cabaza.
6- Podes complementala co que se che ocorra, para que a túa sexa a cabaza máis fashion de toda a exposición.
7- Trae á escola a túa cabaza cun papeliño no que figuren o teu nome e curso.
A TRABALLAR!!
O venres 29 deberedes levar de volta a vosa cabaza, para que vos acompañe ao longo da festividade do Samaín.
Nenhum comentário:
Postar um comentário