Marcadores

19 de set. de 2017

Monchiño, o raposo do churrasco

Hai uns días, vimos nas noticias un raposo que todas as noites se achega a unha restaurante, en Rianxo, para comer churrasco. No restaurante xa lle puxeron nome e todo. Chámano Monchiño. O día do seu santo, tamén papou unhas madalenas que lle tiñan preparadas.


A nosa compañeira Sandra, aproveitando que ten familia en Rianxo,  viaxou ata alí para ver se atopaba a Monchiño. Cóntanos aquí a súa experiencia:
"Cando chegamos, sen querer, espantamos co noso coche a Monchiño, que xa andaba pola terraza do restaurante. Cando nos atopamos co dono do restaurante, preguntámoslle polo raposo e díxonos que xa andaba por alí. Non tardamos moito en ver un pequeno cliente, de catro patas, con fociño e orellas afiadas e unha enorme e preciosa cola, achegarse a barra do bar, para pedir a súa cea. Tirámoslle fotos e intentamos que se achegase a nós, pero non se fiaba. Só o dono do bar conseguiu achegarse a el, pero só un momentiño."



Aquí temos a Monchiño, chegando puntual á súa cea.






             Aquí xa estaba coa sobremesa, agardando a que lle trouxesen a carta de xeados.



A nosa reporteira Sandra, acompañada da súa irmá.