Marcadores

19 de dez. de 2017

O Nadal está a chegar!!

Este 22 de decembro ven un personaxe moi especial a visitar á rapazada de Vigo:


20 de out. de 2017

Mitoloxía galega

Xa estamos próximos a un dos momentos máxicos do ano, o Samaín, no que o mundo dos mortos e dos vivos parecen achegarse...
Galicia é un lugar moi rico en mitos e lendas, habendo unha grande cantidade de personaxes máxicos. Aquí vos deixamos un par de enlaces para que vos informedes en profundidade.

GALICIA ENCANTADA

 
Tamén tedes este documental onde podedes ver parte deste folcklore tan apaixonante:


4 de out. de 2017

Festa da Recolleita e do magosto de Matamá

O dia 7 de outubro celebrase a festa da Recolleita e do magosto en Matamá, organizada polo Colectivo Malaherba.

A festa comezará ás 17:oo h, cunha andaina para nen@s na que recolleremos o millo e o cargaremos un carro con bois para baixalo á festa. A andaina estará animnada polo Bardo Abelardo.
Sobre as 19:00 h, teremos a esfollada do millo e o reparto de castañas.
Ás 20:00 h, comezará a actuación de Peter Punk, un pallaso que terá á xente moi entretida.
A derradeira actuación, será ás 22:00 h coa música de Blues do País.

Os nosos compañeiros, Diego e Marta, que son de Matamá,  poden comentarnos algún aspecto mais desta festa:
D- A min encántame ir a esta festa. Sempre hai algunha actuación para os rapaces e ademais é o primeiro magosto do outono.
M- A min o que máis me gusta é esfollar o millo. Hai que lembrar que este millo que recollemos foi o que sementamos no mes de abril na festa da Sementeira.

Agardamos que vos pasedes pola festa e o pasedes moi ben.


19 de set. de 2017

Monchiño, o raposo do churrasco

Hai uns días, vimos nas noticias un raposo que todas as noites se achega a unha restaurante, en Rianxo, para comer churrasco. No restaurante xa lle puxeron nome e todo. Chámano Monchiño. O día do seu santo, tamén papou unhas madalenas que lle tiñan preparadas.


A nosa compañeira Sandra, aproveitando que ten familia en Rianxo,  viaxou ata alí para ver se atopaba a Monchiño. Cóntanos aquí a súa experiencia:
"Cando chegamos, sen querer, espantamos co noso coche a Monchiño, que xa andaba pola terraza do restaurante. Cando nos atopamos co dono do restaurante, preguntámoslle polo raposo e díxonos que xa andaba por alí. Non tardamos moito en ver un pequeno cliente, de catro patas, con fociño e orellas afiadas e unha enorme e preciosa cola, achegarse a barra do bar, para pedir a súa cea. Tirámoslle fotos e intentamos que se achegase a nós, pero non se fiaba. Só o dono do bar conseguiu achegarse a el, pero só un momentiño."



Aquí temos a Monchiño, chegando puntual á súa cea.






             Aquí xa estaba coa sobremesa, agardando a que lle trouxesen a carta de xeados.



A nosa reporteira Sandra, acompañada da súa irmá.

21 de fev. de 2017

Concurso de Youtubeir@s

Tes algún truco útil que nos pode facer a vida máis fácil?
Ou se cadra queres dar a túa opinión sobre algo?
Pois faite youtubeir@!!
Inscribirse é de balde e pode facelo todo o mundo maior de 14 anos. Convence ao teu pai, nai, avó/a ou veciño/a maior de idade para gravar a vosa obra maestra.
Podes participar en dúas categorías: video-opinarmos e video-facermos. O video pode ter de duración máxima 5 minutos, teñen que estar en galego e realizados con licenza Creative Commons.
Podes gañar marabillosos agasallos, se queres máis información fai click no seguinte vídeo: