Marcadores

17 de jun. de 2013

Fala galego porque es de Marín

Desde o blogue Carta Xeométrica, recollemos a nova desta campaña: "Fala galego porque es de Marín". O pasado martes 11 de xuño no museo Manuel Torres fíxose a presentación oficial deste documento audiovisual, elaborado polos estudantes de todos os centros de ensino de Marín.
Este documental é unha peza máis de toda a programación que teñen previsto levar a cabo os centros educativos marinenses para chamar a atención sobre o emprego do galego.
Parabéns a todos os que traballaron nesta excelente iniciativa.


14 de jun. de 2013

Portal das palabras

A RAG e a fundación Barrié estrean un novo espazo virtual da língua:
O Portal das Palabras
Un novo xeito e unha nova ferramenta para achegarse ao galego.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER

7 de jun. de 2013

Publicacións galegas

Publicacións Galegas. Neste interesante blogue poderedes atopar publicacións galegas históricas, como a revista Nós, os primeiros números de A Nosa Terra, as revistas A Fouce, Guieiro, Terra, ...
Sen dúbida, unha boa recompilación das distintas publicacións históricas que tiveron a língua e a cultura galega como obxecto central do seu traballo.

PREME NA IMAXE