Marcadores

31 de out. de 2020

RADIO RESÍO Programa Especial de Samaín

 Esta semana o equipo amarelo presenta un programa especial de Samaín en Radio Resío. 

Novas de actualidade, efemérides, chistes... de todo un pouco!

Agardamos que vos guste!.

   Programa Especial SAMAÍN




30 de out. de 2020

Premios do III Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio

 Este ano o noso concurso de Microrrelatos tivo un enorme nivel! Ademais contamos cunha ampla participación por parte de toda a comunidade educativa.

A continuación, presentámosvos as obras finalistas nas dúas categorías do Concurso (Audio e Vídeo)



FINALISTAS CATEGORÍA AUDIO


3ª Clasificada: IRIA PORTABALES FERNÁNDEZ (3º Ed. Primaria)

RELATO: Mimá, que susto!!


2ª Clasificada: IRENE QUINTÁ CAMPOS (3º Ed. Primaria)

RELATO: Unha noite de medo


1º Clasificado: JOSÉ JAVIER LÓPEZ FUNDÍN (6º Ed. Primaria)

RELATO: O Confinamento



FINALISTAS CATEGORÍA VÍDEO


3º Clasificadas: SARA E LUCÍA FIGUEIREDO VILARIÑO

RELATO: Coidado co que desexas!

 

2º Clasificados: ERIC E NORA TORRES IGLESIAS

RELATO: Lentes


1º Clasificados: ELOY E IRIA ENRÍQUEZ RODRÍGUEZ

RELATO: O parque encantado


MOITAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!

25 de out. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 23 de outubro

 No programa desta semana, o equipo violeta poñerános ao tanto das novas máis actuais. Tamén nos presentarán unha entrevista a un exiptólogo de 4º, Xose e uns relatos elaborados por alumnos de 5º de Ed. Primaria. Para rematar o programa deixarannos tamén unhas notas de humor. Acompañará o programa a música de Fuxan Os Ventos, mítico grupo folk formado na década de 1970.

Agardamos que vos guste!! 


PROGRAMA DO 23 DE OUTUBRO





19 de out. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 16 de outubro

 Con algo de retraso, pero aquí vos deixamos o último programa de Radio Resío. Nel atoparedes as novas máis actuais, entrevistas e uns contos. Acompañará este programa a música de Luis Emilio Batallán.

Agardamos que vos guste!!

 

Programa do 16 de outubro



14 de out. de 2020

III Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio

 Achegámonos ao Samaín e como noutros cursos queremos animarvos a participardes no III Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio.

Deixámosvos aquí as BASES DO CONCURSO. Lédeas con atención! Aqueles relatos que non cumpran algunha das bases serán descalificados.

 



BASES DO III CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO


- Convócase a todo o alumnado e as familias a participaren no concurso de "Microrrelatos de medo e misterio" de Samaín.
- As categorías que se establecen son as seguintes:
"FAMILIAS": Nesta categoría os relatos poden ser realizados e interpretados polos alumnos e as súas familias.
"ALUMNO/A": Os relatos desta categoría deberán ser interpretados exclusivamente polos alumnos, aínda que poidan recibir axuda para elaborar o guión e a produción do relato. 
- Os relatos deberán ser elaborados en Lingua Galega
- A temática dos microrrelatos deberá ser de medo ou misterio.
- Os relatos deben de ter unha duración máxima de 1 minuto e medio (90 segundos).
- Os relatos poden ser realizados en vídeo ou audio, puidendo presentarse en formato de curtametraxe ou de audio-relato.
- Os relatos poderán ser enviados polas seguintes canles:
 1) WhatsApp da escola 658715569
 2) E-mail: juanlf@colexiorocio.com  
 3) Traer á escola nun Pen drive.
- O prazo de presentación dos microrrelatos rematará o Luns 26 de outubro, este incluído, ata as 23:59:59 h)
- O día 30 de outubro, coñeceremos os microrrelatos gañadores. Os seus autores recibirán un premio arrepiante e monstruoso.

- Os microrrelatos de medo e misterio serán avaliados tendo en conta estes criterios:
  • A participación do alumnado.
  • A corrección idiomática
  • A entoación
  •  A estrutura: introdución, nó e desenlace.
  • Os efectos especiais


10 de out. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 9 de outubro

 Consellos domésticos, humor, un concurso... O programa desta semana ten de todo!! Lembraremos tamén a Suso Vaamonde, célebre cantautor galego- Agardamos que vos guste!!

PROGRAMA 9 de Outubro



3 de out. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 2 de outubro

 Neste novo programa facemos memoria da figura de Andrés Do Barro, cantante e actor galego que tivo un grande éxito nas décadas 1960 e 1970. 



Tamén teremos unha entrevista a un terraplanista, o señor Pataca.

 Batalla en la red sobre el terraplanismo: los argumentos que desmontan  (again) el bulo

E algunha sorpresa máis!

Agardamos que vos guste.

Programa 2 de outubro