Marcadores

21 de nov. de 2014

Estrea de cine: A Esmorga

O 21 de novembro terá lugar nas salas de toda Galicia a estrea do filme A Esmorga, adaptación cinematográfica da obra de Blanco Amor. Esta é unha oportunidade única de asistir a un filme realizado en Galicia e en galego. Non a deixedes pasar!

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA SÚA WEB 

http://aesmorgafilme.com/

10 de nov. de 2014

Chegou o Magosto!!

Mañá é 11 de novembro, día de San Martiño, data oficial de celebración da festa do Magosto, e na nosa escola tamén o imos festexar. Para traballar algúns aspectos desta festividade, deixámosvos aquí unha chea de recursos recompilados por Mª Asunción García Álvarez.

Libros online para descargar en galego (e portugués)

Atopamos este sitio tan completo no que podedes dispoñer dunha chea de libros. Que vos aproveite!

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO SITE DE MAOS.GL