Marcadores

17 de abr. de 2013

As letras e os números

Se sabes galego é doado aprender as letras e os números en portugués. Descóbreo dunha maneira divertida cos seguintes vídeos musicais. Fíxate nas semellanzas que hai entre as falas portuguesa e galega, así como as diferenzas que hai na escrita.



No abecedario portugués hai algunha letra que non existe no abecedario galego. Sabes cal é?
Do mesmo xeito, no galego hai unha letra que non ten o abecedario portugués. Cal será?
Hai outras letras que teñen distintos nomes en galego e portugués. Sabes cales son?

Os números en galego e portugúes son moi semellantes. Porén, algúns teñen diferenzas, ben na súa pronunciación ou ben na súa escritura. Saberías dicir cales son?

O galego, a chave do mundo

Como di o lema do Correlingua deste ano, o galego é a chave do mundo. Grazas á proximidade da nosa lingua co portugués, os galegos atopámonos nunha situación de vantaxe á hora de aprender este idioma e comunicarnos co mundo lusófono. Se co castelán podémonos comunicar con case 340 millóns de persoas, entre a Península e América, abrirnos ao mundo lusófono vainos permitir comunicarnos con 240 millóns de persoas máis en Europa, América, África e Asia En outras comunidades, como Extremadura ou Castela León, xa hai tempo que o teñen claro, por iso desde os centros de ensino se oferta a aprendizaxe da lingua portuguesa. E iso que eles non falan galego! Para nós sería moito máis sinxelo introducir o portugués na escola a partir do galego. Non lle pechemos as portas a nosa língua, ela e a nosa chave do mundo.
Con este propósito, abriremos unha nova sección no blogue, chamada LUSOFONÍA no que iremos poñendo pequenas cousas coas que podemos empezar a nosa aproximación á língua portuguesa.  Esperamos que vos gusten!




Actividades TIC Letras Galegas 2013

Falta un mes para a celebración do Día das Letras Galegas. Este ano vaise dedicar ao autor de teatro Roberto Vidal Bodaño. Para saber máis sobre este personaxe, aquí temos as actividades TIC realizadas polo Seminario Galán que traballaremos en clase .

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/


5 de abr. de 2013

A voz da experiencia

Na web Redondela TV iníciase a serie "A voz da experiencia",un novo programa onde se recollen as testemuñas de persoas maiores. Trátase de recapitular os costumes, a experiencia e a forma de vida dos vellos de hoxe en día. Neste Primeiro capítulo María Martínez máis coñecida por (María de Inés) cóntanos como foi a súa infancia e que lembra ela daquela época.