Marcadores

22 de nov. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 20 de novembro

 No programa desta semana recibimos a visita inesperada dun dos personaxes máis clásicos dos contos populares galegos: O Ghamusino, neste caso, o Ghamusino do Resío. Tamén temos unha interesante conversa con Marcelo e Naiara, de 5º de Primaria, que nos traen unhas recetas ideais para este outono. Animará o programa a música de Cé Orquestra Pantasma. 

Agardamos que vos guste!!

Programa RADIO RESÍO  20 de Novembro

 



 

14 de nov. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 13 de novembro

 África Costas preséntanos o programa de hoxe, no que lembraremos o aniversario do accidente marítimo do Prestige. Tamén contamos cunha entrevista arredor da reciclaxe e remataremos co relato "A pandilla Cabaciña", da alumna de 4º de Ed. Infantil Irene Chapela. Acompañará o programa a música de Luar na Lubre.

Agardamos que vos guste!!

PROGRAMA DO 13 DE NOVEMBRO





7 de nov. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 6 de novembro

 Esta semana acompáñanos o equipo laranxa, que nos trae unha chea de novas e consellos interesantes. Leonardo aprenderános a facer arepas, unha comida típica de Venezuela. Tamén teremos un concurso sobre contos populares presentado por Lucía. Acompaña musicalmente este programa o gran gaiteiro Ricardo Portela. 

Agardamos que vos guste!!!

 

PROGRAMA DO 6 DE NOVEMBRO





31 de out. de 2020

RADIO RESÍO Programa Especial de Samaín

 Esta semana o equipo amarelo presenta un programa especial de Samaín en Radio Resío. 

Novas de actualidade, efemérides, chistes... de todo un pouco!

Agardamos que vos guste!.

   Programa Especial SAMAÍN




30 de out. de 2020

Premios do III Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio

 Este ano o noso concurso de Microrrelatos tivo un enorme nivel! Ademais contamos cunha ampla participación por parte de toda a comunidade educativa.

A continuación, presentámosvos as obras finalistas nas dúas categorías do Concurso (Audio e Vídeo)



FINALISTAS CATEGORÍA AUDIO


3ª Clasificada: IRIA PORTABALES FERNÁNDEZ (3º Ed. Primaria)

RELATO: Mimá, que susto!!


2ª Clasificada: IRENE QUINTÁ CAMPOS (3º Ed. Primaria)

RELATO: Unha noite de medo


1º Clasificado: JOSÉ JAVIER LÓPEZ FUNDÍN (6º Ed. Primaria)

RELATO: O Confinamento



FINALISTAS CATEGORÍA VÍDEO


3º Clasificadas: SARA E LUCÍA FIGUEIREDO VILARIÑO

RELATO: Coidado co que desexas!

 

2º Clasificados: ERIC E NORA TORRES IGLESIAS

RELATO: Lentes


1º Clasificados: ELOY E IRIA ENRÍQUEZ RODRÍGUEZ

RELATO: O parque encantado


MOITAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!

25 de out. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 23 de outubro

 No programa desta semana, o equipo violeta poñerános ao tanto das novas máis actuais. Tamén nos presentarán unha entrevista a un exiptólogo de 4º, Xose e uns relatos elaborados por alumnos de 5º de Ed. Primaria. Para rematar o programa deixarannos tamén unhas notas de humor. Acompañará o programa a música de Fuxan Os Ventos, mítico grupo folk formado na década de 1970.

Agardamos que vos guste!! 


PROGRAMA DO 23 DE OUTUBRO





19 de out. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 16 de outubro

 Con algo de retraso, pero aquí vos deixamos o último programa de Radio Resío. Nel atoparedes as novas máis actuais, entrevistas e uns contos. Acompañará este programa a música de Luis Emilio Batallán.

Agardamos que vos guste!!

 

Programa do 16 de outubro



14 de out. de 2020

III Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio

 Achegámonos ao Samaín e como noutros cursos queremos animarvos a participardes no III Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio.

Deixámosvos aquí as BASES DO CONCURSO. Lédeas con atención! Aqueles relatos que non cumpran algunha das bases serán descalificados.

 



BASES DO III CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO


- Convócase a todo o alumnado e as familias a participaren no concurso de "Microrrelatos de medo e misterio" de Samaín.
- As categorías que se establecen son as seguintes:
"FAMILIAS": Nesta categoría os relatos poden ser realizados e interpretados polos alumnos e as súas familias.
"ALUMNO/A": Os relatos desta categoría deberán ser interpretados exclusivamente polos alumnos, aínda que poidan recibir axuda para elaborar o guión e a produción do relato. 
- Os relatos deberán ser elaborados en Lingua Galega
- A temática dos microrrelatos deberá ser de medo ou misterio.
- Os relatos deben de ter unha duración máxima de 1 minuto e medio (90 segundos).
- Os relatos poden ser realizados en vídeo ou audio, puidendo presentarse en formato de curtametraxe ou de audio-relato.
- Os relatos poderán ser enviados polas seguintes canles:
 1) WhatsApp da escola 658715569
 2) E-mail: juanlf@colexiorocio.com  
 3) Traer á escola nun Pen drive.
- O prazo de presentación dos microrrelatos rematará o Luns 26 de outubro, este incluído, ata as 23:59:59 h)
- O día 30 de outubro, coñeceremos os microrrelatos gañadores. Os seus autores recibirán un premio arrepiante e monstruoso.

- Os microrrelatos de medo e misterio serán avaliados tendo en conta estes criterios:
  • A participación do alumnado.
  • A corrección idiomática
  • A entoación
  •  A estrutura: introdución, nó e desenlace.
  • Os efectos especiais


10 de out. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 9 de outubro

 Consellos domésticos, humor, un concurso... O programa desta semana ten de todo!! Lembraremos tamén a Suso Vaamonde, célebre cantautor galego- Agardamos que vos guste!!

PROGRAMA 9 de Outubro



3 de out. de 2020

RADIO RESÍO Programa do 2 de outubro

 Neste novo programa facemos memoria da figura de Andrés Do Barro, cantante e actor galego que tivo un grande éxito nas décadas 1960 e 1970. 



Tamén teremos unha entrevista a un terraplanista, o señor Pataca.

 Batalla en la red sobre el terraplanismo: los argumentos que desmontan  (again) el bulo

E algunha sorpresa máis!

Agardamos que vos guste.

Programa 2 de outubro

25 de set. de 2020

RADIO RESIO Programa do 25 de setembro

 No programa de hoxe lembraremos a figura de Ana Kiro, cantante e presentadora galega, finada hai xa dez anos. 

Ana Kiro - Grandes Exitos Vol.2 con Ofertas en Carrefour | Las mejores  ofertas de Carrefour

Tamén entrevistaremos a Diego Alonso de 5º de Ed. Primaria, xa que na súa aula realizaron unha investigación sobre as máscaras e o seu uso correcto. Falaremos con el para coñecer de primeira man a información que recolleron. 

 Coronavirus: Los pediatras advierten: «Por supuesto que los niños también  deberían llevar mascarillas cuando salgan a la calle»

Agardamos que vos guste!

 

RADIO RESÍO Programa 25 setembro



18 de set. de 2020

INAUGURAMOS RADIO NA ESCOLA DO RESÍO!!

Bos días!! Hoxe imos presentar a nosa nova radio: RADIO RESÍO!

Nace Radio Resío, a radio escolar do CEIP Virxe do Rocío.

O primeiro capítulo de Radio Resío é unha edición especial de coplas e cancións dedicada a Ricardo Carvalho Calero. Presentamos as cancións feitas naqueles tempos de confinamento polos nosos compañeiros Antía, Xoel e Cristian.

Tamén escoitaremos a Silvia, Naiara, Ainhoa e Fernando dando voz ás palabras do señor Carvalho Calero. 

Para finalizar o programa o noso compañeiro Iker recitará algo diferente, un tema de Hip Hop. Esperamos que vos guste.
Con este programa pretenden participar nun concurso de radios escolares no que o premio é a emisión do teu programa na Radio Galega e poder visitala.

Radio escolar – Marjana Digital

 

PROGRAMA INAUGURAL parte 1

PROGRAMA INAUGURAL parte 2