Marcadores

18 de abr. de 2016

Titorial de Xadrez

Na sexta entrega do noso proxecto audiovisual, presentámosvos un vídeo explicativo do xogo do Xadrez. Aprenderedes as regras básicas deste deporte e agardamos que vos animedes a practicalo.


18 de mar. de 2016

Entrevista a un atleta olímpico: David Gómez

A quinta entrega do noso proxecto anual de Innovación é a seguinte entrevista realizada polos alumnos de 1º de Ed. Primaria. Os nosos xornalistas entrevistaron ao atleta David Gómez, que participou nos Xogos Olímpicos de Athenas e Beijing, na proba atlética de Decathlon.
 Despois dunha palestra moi interesante na que todos os alumnos de Primaria coñecemos "desde dentro" como son uns Xogos Olímpicos, os alumnos de 1º quedamos con el para que respondese ás nosas preguntas:

16 de mar. de 2016

Homenaxe a Rosalía

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía gravando este vídeo no que participamos todos os cursos da escola. 
Ademais, os alumnos de 6º de Primaria foron os encargados de facer a edición deste vídeo, que forma parte do noso proxecto de innovación. Deixamos aquí un dos que máis nos gustou.





22 de fev. de 2016

Rosalía é Mundial!

24 de febreiro de 1837 é a data de nacemento da nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro. A Associaçom Galega da Lingua (AGAL) réndelle homenaxe con dezaoito poemas recitados en diferentes sotaques lusófonos. 
Nos vídeos, diferentes persoas da Galiza, Portugal, Brasil e Angola poñen a súa voz a diferentes poemas escollidos polas mesmas entre os publicados nos libros Cantares Galegos (1863) e Follas Novas (1880). As voces son acompañadas con subtítulos da versión orixinal deses poemas. 
 Durante os días 22 e 23 de febreiro, podes participar na votación para escoller o mellor poema, ou a mellor lectura, que será anunciado no dia 24. Basta clicares en ‘gosto’ no vídeo de Youtube da túa preferencia. 
PREME NA IMAXE PARA VER OS VÍDEOS 
http://pgl.gal/rosalia-e-mundial/

15 de fev. de 2016

O fútbol gaélico

Terceiro traballo do noso Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística, desta vez dedicado a expoñer como é o xogo do Fútbol Gaélico, un deporte que levamos varios anos practicando na nosa escola e que nos últimos tempos está a coller moito pulo en Galicia. Esperamos que vos guste!!


13 de fev. de 2016

Aí vén Pedro Chosco!

Publicamos no noso blog "A voz do Resío" a obra de teatro realizada polos alumnos de 4º de Primaria no pasado festival de Nadal. Esta obra forma parte do noso proxecto audiovisual "Antena Resío TV".  Moi bo traballo, rapaces!