Marcadores

26 de mar. de 2014

A festa da Reconquista de Vigo

Achégase a data de conmemoración da Reconquista de Vigo, levada a cabo na Guerra de Independencia contra as tropas francesas. A Asoc. veciñal do Casco Vello leva xa 20 anos organizando esta festa na que se representan os acontecementos máis destacados daquel suceso. Durante tres días, a zona vella de Vigo estará ambientada naquela época, enchéndose de postos de artesanía e comida, acompañados por músicos e diferentes espectáculos.
No seguinte vídeo veredes aquela historia relatada por Carolo, un dos seus protagonistas.



24 de mar. de 2014

VINCIOS.ORG: Coñecer o monte para defendelo

Desde a  Mancomunidade de montes de Vincios estase a traballar nun proxecto de posta en valor dos nosos montes. A súa idea pasa porque todos coñezamos que riquezas temos nos nosos montes (recursos económicos, arqueolóxicos, naturais,etc) e dese xeito tomemos conciencia da importancia que ten na nosa calidade de vida. Na súa web, Cartografías Sensibles, podedes atopar moita información sobre a Serra do Galiñeiro, sobre as súas riquezas e tesouros, que nos ofrecen unha chea de posibilidades de uso dos montes.

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA WEB

http://vincios.org/