Marcadores

22 de mai. de 2013

O Parlamento apoia por unanimidade a tramitación da ILP Paz-Andrade


PREME NAS IMAXES PARA AMPLIAR A INFORMACIÓN
BNG, AGE, PSdeG e PP apoiaron por unanimidade a entrada na Cámara da Iniciativa Lexislativa Popular "Paz Andrade", avalada por dezasete mil sinaturas, que contén unha serie de medidas concretas para achegar o portugués á cidadanía galega, coma a progresiva incorporación do portugués no ensino (nun prazo de catro anos), o fomento da participación das institución e empresas galegas nos foros económicos, culturais e deportivos lusófonos, a recepción aberta das televisións e radios lusas e o recoñecemento desta competencia linguística para o acceso á función pública.  
Salientan que son peticións realizables, tanto no caso do ensino -a través de pasarelas ou das propias materias de galego-, coma no da recepción das televisións portuguesas en Galicia -xa aprobada polo Parlamento-, coma no da participación de entidades galegas en foros empresariais ou culturais, aos que que xa foron convidadas en varias ocasións.




Multan ás autoestradas por rotular en galego



Axentes da Garda Civil de Tráfico sancionaron até en 54 ocasións (con multas de 3.000 eurospor cada unha) ás autoestradas galegas por ter sinais rotulados en galego, segundo informa La Voz de Galicia.

PREME NA IMAXE PARA LER A NOTICIA.

14 de mai. de 2013

En galego... Meu o mundo é!



Coa chegada do Correlingua e o día das Letras Galegas, aproveitamos para presentarvos estes estupendos vídeos de Torre Branca Producións.
Tamén queremos lembrar que hai outros 364 días onde as letras son protagonistas ... e os números, as formas, as cores , etc.
En GALEGO todo podes facer, en GALEGO noso o mundo é!.


8 de mai. de 2013

Música cos versos de Rosalía

Xa hai tempo que vos recomendamos a web SON DE POETAS, na que podedes atopar unha chea de poemas musicados na nosa lingua.
Desta vez deixámosvos esta entrada na que atopamos diversos poemas da nosa escritora máis internacional, convertidos en cancións por grupos galegos. 

PREME NA IMAXE
 

2 de mai. de 2013

Letras Galegas 2013

Desde o blogue educativo Lingua de Buxo, ofrécennos unha escolma de recursos informativos sobre Vidal Bolaño, con actividades LIM, Webquest, Telexornal, etc... Un gran traballo que esperamos vos sexa de utilidade.
PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AOS CONTIDOS


1 de mai. de 2013

O galo, a galinha o pintinho

Youtube é a mellor escola de idiomas que existe.
Aquí tedes outros videos con cancións infantís en portugués. Veredes que fácil é cantalas en galego! Propoñémosvos dúas tarefas:

1. Para os mais novos: Escoitar a canción e cantala cos rapaces. Despois respostar as seguintes preguntas:
- De que fala a letra da canción?
- En que idioma está a canción?
- É máis parecido ao galego ou ao castelán?

2. Para os máis vellos: Escoitar a canción e seguir a letra no video. Despois respostar as seguintes preguntas:
- Sinala as palabras que non coñeces
- Sinala as palabras que se escriben diferente en galego e portugués.
- Traduce ao galego a canción completa e cántaa cos teus compañeiros seguindo o vídeo.