Marcadores

25 de fev. de 2014

O Entroido en Galicia: Recursos

Nas seguintes ligazóns podedes atopar unha chea de recursos relacionados co Entroido en Galicia.
O primeiro, o monográfico colaborativo creado pola Coordinadora Galega de EDNL. No segundo, podemos atopar diversos recursos dispoñibeis na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.





http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2014

21 de fev. de 2014

Editorial Galaxia inaugura unha canle online con vídeos de música infantil.

Sonárboretv é unha canle no youtube na que se irán ofrecendo os vídeos que protagonizan os libro-discos da colección Sonárbore. Polo momento poden visionarse os vídeos correspondentes aos traballos 'Bicos de música', de Mamá Cabra, e 'María Fumaça'. Nos próximos días iranse incorporando outros doutras producións, segundo informou a editorial. 


http://www.youtube.com/user/sonarboretv

5 de fev. de 2014

O Entroido de Galicia

Un apartado especial dentro do noso proxecto anual "Galicia 365", vai ser o adicado ao Entroido.
En Galicia a celebración do Entroido é unha tradición moi antiga. Temos moitos e moi variados Entroidos dentro do noso país, tan semellantes e ao mesmo tempo tan diferentes entre eles.
A modo de introducción, aquí vos deixamos unha pequena actividade para familiarizarnos coas distintas celebracións, figuras e tradicións de Entroido que se celebran en Galicia.

http://www.siteo.org/educateo2/infantil.html