Aquí vos deixamos o último programa do mes de Santos. Teremos noticias, entrevistas, recomendacións para estudar, receitas... É mellor que entredes e o escoitedes vós mesmos. Acompaña o programa a música de Berrogüetto. Agardamos que vos guste!
A VOZ DO RESÍO
Blogue do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do CEIP do Rocío
13 de dez. de 2020
22 de nov. de 2020
RADIO RESÍO Programa do 20 de novembro
No programa desta semana recibimos a visita inesperada dun dos personaxes máis clásicos dos contos populares galegos: O Ghamusino, neste caso, o Ghamusino do Resío. Tamén temos unha interesante conversa con Marcelo e Naiara, de 5º de Primaria, que nos traen unhas recetas ideais para este outono. Animará o programa a música de Cé Orquestra Pantasma.
Agardamos que vos guste!!
Programa RADIO RESÍO 20 de Novembro
14 de nov. de 2020
RADIO RESÍO Programa do 13 de novembro
África Costas preséntanos o programa de hoxe, no que lembraremos o aniversario do accidente marítimo do Prestige. Tamén contamos cunha entrevista arredor da reciclaxe e remataremos co relato "A pandilla Cabaciña", da alumna de 4º de Ed. Infantil Irene Chapela. Acompañará o programa a música de Luar na Lubre.
Agardamos que vos guste!!
7 de nov. de 2020
RADIO RESÍO Programa do 6 de novembro
Esta semana acompáñanos o equipo laranxa, que nos trae unha chea de novas e consellos interesantes. Leonardo aprenderános a facer arepas, unha comida típica de Venezuela. Tamén teremos un concurso sobre contos populares presentado por Lucía. Acompaña musicalmente este programa o gran gaiteiro Ricardo Portela.
Agardamos que vos guste!!!
31 de out. de 2020
RADIO RESÍO Programa Especial de Samaín
Esta semana o equipo amarelo presenta un programa especial de Samaín en Radio Resío.
Novas de actualidade, efemérides, chistes... de todo un pouco!
Agardamos que vos guste!.
30 de out. de 2020
Premios do III Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio
Este ano o noso concurso de Microrrelatos tivo un enorme nivel! Ademais contamos cunha ampla participación por parte de toda a comunidade educativa.
A continuación, presentámosvos as obras finalistas nas dúas categorías do Concurso (Audio e Vídeo)
FINALISTAS CATEGORÍA AUDIO
3ª Clasificada: IRIA PORTABALES FERNÁNDEZ (3º Ed. Primaria)
RELATO: Mimá, que susto!!
2ª Clasificada: IRENE QUINTÁ CAMPOS (3º Ed. Primaria)
RELATO: Unha noite de medo
1º Clasificado: JOSÉ JAVIER LÓPEZ FUNDÍN (6º Ed. Primaria)
RELATO: O Confinamento
FINALISTAS CATEGORÍA VÍDEO
3º Clasificadas: SARA E LUCÍA FIGUEIREDO VILARIÑO
RELATO: Coidado co que desexas!
2º Clasificados: ERIC E NORA TORRES IGLESIAS
RELATO: Lentes
1º Clasificados: ELOY E IRIA ENRÍQUEZ RODRÍGUEZ
RELATO: O parque encantado
MOITAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!!
25 de out. de 2020
RADIO RESÍO Programa do 23 de outubro
No programa desta semana, o equipo violeta poñerános ao tanto das novas máis actuais. Tamén nos presentarán unha entrevista a un exiptólogo de 4º, Xose e uns relatos elaborados por alumnos de 5º de Ed. Primaria. Para rematar o programa deixarannos tamén unhas notas de humor. Acompañará o programa a música de Fuxan Os Ventos, mítico grupo folk formado na década de 1970.
Agardamos que vos guste!!