Marcadores

25 de mai. de 2012

Recoñecemento ao creador de Super Mario

Como xa saberedes, Shigeru Miyamoto, o creador de Super Mario Bros. e moitos outros personaxes de Nintendo, acaba de ser premiado co Premio Principe de Asturias de Comunicación.
Os seus videoxogos, dirixidos a todos os públicos baixo un enfoque familiar, foron recoñecidos "por excluir a violencia e por innovar con programas e formatos que axudan a exercitar a mente nas súas múltiples facetas, resultando moi valiosos desde un punto de vista educativo."
Aquí vos deixamos unha canción que o grupo galego Ataque Escampe lle dedicou ao fontaneiro máis famoso entre a rapaza de medio mundo. Para escoitala, PREME NA IMAXE:


23 de mai. de 2012

Imaxin Software gaña o premio Leixapren 2012

A empresa Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012 polo uso cotián do galego

A empresa compostelá, dedicada ao desenvolvemento de programas informáticos, resultou a máis votada polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián que fai da lingua galega.
PREME NA IMAXE PARA TER MAIS INFORMACIÓN

21 de mai. de 2012

Empresas e comercios co Modelo Burela

Hai pouco vos deixamos unha lectura sobre o modelo de inmersión lingüística coñecido como Modelo Burela, agora vos deixamos outra nova relacionada coas empresas que asumen como propios os criterios de atención e de comunicación deste modelo.
PREME NA IMAXE

18 de mai. de 2012

XIII Festival Internacional de Títeres de Redondela

Desde o 14 de maio e ata o domingo 20 estase a celebrar en Redondela a 13ª edición deste festival, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela e a Asociación Xente Titiriteira.
O festival contará coa presenza de quince compañías de teatro de catro paises distintos: Inglaterra, Dinamarca, Portugal e España, artistas especializados na manipulación de obxectos, títeres de man e luva, marionetas de fíos, bonecos tradicionais de madeira e sombras chinesas.

Hay dúas programacións, a de sala que se desenvolverá no Auditorio Multiusos da Xunqueira e a de rúa que transcorrerá nas distintas rúas e prazas do municipio redondelán.
As actuacións de rúa son de balde, mentres que as de sala teñen prezos de 3 a 5 euros.

Posto que o tempo non acompaña nestes días para ir á praia, suxerímosvos que vos pasedes por Redondela, xa que contan con carpas e espazos acondiconados para evitar a chuvia.

PREME NA IMAXE PARA VER O FOLLETO

15 de mai. de 2012

Xabarín 18

O Xabarín Club celebra a súa maioría de idade.
Nestes 18 anos foi un dos programas con máis éxito que tivo na súa historia a TVG. Con máis de 100.000 rapaces afiliados, converteuse nun fenómeno social que desenvolve un importante labor de normalización e achegamento da lingua aos máis cativos.
O programa inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais galegos, e series de produción propia. 
Moitos grupos musicais galegos tales coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto ou The Killer Barbies, e tamén portugueses e africanos actuaron para o programa, dando a coñecer aos cativos o chamado "movemento Bravú".
Desde o EEI Monte da Guía e o CEIP Sequelos de Marín iniciouse un proxecto para conmemorar o aniversario do porco bravo máis famoso de Galiza. Neste proxecto atoparedes música, vídeos, xogos e actividades. Tamén información sobre os diversos eventos que se están a celebrar con este motivo.

PREME NA IMAXE



A profe Mari Cruz tamén nos deu unha entrada interesante, a da páxina oficial do Xabarín Club, na que, entre outras cousas, vos podedes facer socios, ver videoclips, descargar materiais...

 PREME NA IMAXE



O Plurilingüismo que queremos

A Coordinadora de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística quere achegarlles ás nais e aos pais dos escolares o seu posicionamento arredor dos centros plurilingües que a Consellería está a implantar desde o curso pasado. 
A CGENDL reclama unha visión afastada de posturas ideolóxicas e partidarias (tendentes a marxinar a lingua galega do ensino) que aposte por vías de introdución e consolidación do ensino plurilingüe asentadas en criterios pedagóxicos. 
Por iso, animámosvos a consultar o material que tedes á vosa disposición na seguinte ligazón: 
PREME NA IMAXE

11 de mai. de 2012

Correlingua 2012

O xoves 10 de maio os rapaces de 1º, 2º, 3º e 5º participamos no Correlingua, unha serie de carreiras reivindicativas en prol dos dereitos da lingua galega que transcorren polas distintas comarcas de Galiza.
Outras carreiras celebradas como apoio das linguas autóctonas son as seguintes:
Correllengua, carreira polo catalán.
Korrika, polo euskera.
Ar Redadeg, polo bretón.


No cole traballamos unha Unidade Didáctica, para saber que era o Correlingua, coñecer os problemas aos que se enfronta o noso idioma e entender que non iamos de paseo.

UNIDADE DIDÁCTICA DO CORRELINGUA

Pasámolo divinamente, pois ademais de "darlle á lingua", ao final da carreira bailamos e gozamos no parque de Castrelos coas actuacións de Zurrumalla e Xenderal.

4 de mai. de 2012

Campaña a empresa en galego

Con motivo da dedicación das Letras Galegas deste ano a Valentín Paz Andrade, a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística iniciou unha campaña para promover a nosa lingua no mundo da empresa.
Preme na imaxe para obter mais información das accións propostas:


Por outra banda, tamén presentamos os Premios Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino, que nesta 1ª edición quere recoñecer o compromiso co idioma no Ámbito Económico e Empresarial.
  Preme no logo dos Premios Leixaprén.

Monográfico Valentín Paz Andrade

Un ano máis a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar un monográfico especial para o día das Letras Galegas, no que se compilan materiais didácticos como actividades, unidades didácticas, exposicións, propostas normalizadoras, xogos, etc. para traballar a figura de Valentín Paz Andrade. 
Preme na imaxe para acceder aos contidos:


2 de mai. de 2012

Letras Galegas 2012

Xa se vai achegando o día das Letras Galegas, adicado este ano a Valentín Paz Andrade.
Achegámosvos máis recursos con información sobre o autor e actividades para traballar cos rapaces.
Estes traballos pertencen ao Seminario Galán e ao CEIP Frián deTeis.
Preme en cada unha das imaxes para acceder aos recursos: