Marcadores

28 de mar. de 2012

Radiofusión

Radiofusiòn é a programación común elaborada polas Emisoras Municipais Galegas e difundida polas quince emisoras locais asociadas desde distintas partes da Galiza.
Desde a súa páxina tamén a podemos escoitar online. Preme no título para entrar na súa páxina web.

27 de mar. de 2012

LINGUA GALEGA TV



LINGUA GALEGA TV é un portal de internet no que se acollen diversas iniciativas audiovisuais relacionadas co noso idioma.
Presenta varias canles de TV Online:
A formación en liña (CANLE 1)
O galego na música (CANLE 2),  
Reflexións sobre a emigración galega a Lisboa (CANLE 3) 
Falemos de literatura, arredor da obra de Rosalía de Castro (CANLE 4).  
O vídeo na aula, dedicada á promoción de audiovisuais realizados en lingua galega. (CANLE 5)
 Moi interesante, non deixedes de visitalo.

25 de mar. de 2012

Son de poetas

Deixámosvos o enderezo dun blogue moi interesante: SON DE POETAS. Un blogue adicado á poesía galega musicada. Este traballo foi desenvolvido polo IES David Buján, de Cambre, A Coruña, coa intención de achegarnos á poesía e literatura galega dun xeito ameno, a través da música. Esperamos que vos guste.


23 de mar. de 2012

22 de mar. de 2012

21 de mar. de 2012

Terras de Merlin

Resumo da serie documental "Terras de Merlín", retransmitida na TVG, na que se trata a relación de Galiza coas nacións celtas.

As Terras de Merlin - As nacions celtas from Ith on Vimeo.

20 de mar. de 2012

Son neofalante

Ofrecémosvos a carta dun "neofalante", dun rapaz que un día se decidiu por falar en galego. Xa ten o seu tempo, pero segue a ser unha lectura interesante.

Son neofalante

Galeguiza o teu computador!!!

Aquí tedes unha ligazón para poñer o sistema operativo Windows (7, Vista ou XP) do voso ordenador en galego. Tamén podedes poñer en galego o paquete de programas de Microsoft Office.

Preme no título e segue as instruccións:

Vive en galego


Tamén podedes descargar aquí o navegador Mozilla Firefox en língua galega.

Mozilla Firefox en galego

19 de mar. de 2012

Lendas Vivas



- Lendas Vivas: Programa de V Televisión, no que Xosé Couñago nos relata diversas lendas de Galiza.


9 de mar. de 2012

TV e AUDIOVISUAIS


Aquí vos iremos deixando ligazóns relacionadas con canles de TV, cine e outros materiais audivisuais.
Preme sobre eles.



Plataforma web adicada á promoción e difusión do audiovisual galego.




Televisión online do Concello de Redondela



CINEMALUGO.TV   
 Plataforma web sobre a historia do cine en Lugo.

7 de mar. de 2012

Historia da lingua galega

A primeira lectura que vos imos recomendar é esta "Historia da língua galega", en versión para xente nova. Un pequeno e interesante libro da Editorial A Nosa Terra.
Preme sobre a imaxe para podelo ler.


Shakira... en galego?

Pois non, non vos emocionedes!!
Aquí temos unhas cancións nas que Shakira canta en portugués. (E iso que ela é colombiana!!)
Escoitando estas cancións veredes que para nós, que sabemos galego, é moi doado entendela.
 De feito coñecer varias línguas derivadas do latín é unha vantaxe para aprender outros idiomas con facilidade.

6 de mar. de 2012

Música de Celso Emilio Ferreiro

Moitos dos poemas do escritor de Celanova foron interpretados por artistas musicais de xéneros tan distintos como o hip-hop, folk, rock, cantautores.... Escolle a que máis che guste!!

Deitado frente ao mar  (García MC, Dios ke The Crew)

Son un pasmón (García MC, Dios ke The Crew)

Longa noite de pedra (Astarot)

Olla meu irmán (Miro Casabella)

Canción de berce (Luar na lubre)

María Soliña (Luar na lubre)

Irmaus (Fuxan os ventos)

Un soño (Suso Vaamonde)

Eu en ti (Suso Vaamonde)

Falo en nome da terra (Zenzar)

Non (Kastomä)

A espranza (Tiro na testa)


 


Celso Emilio Ferreiro

A Fundación Celso Emilio Ferreiro conmemora o centenario do poeta celanovés que se celebra neste ano 2012. Desde este espazo quere contribuír a difundir o seu extraordinario legado así como dar a coñecer as actividades programadas para este acontecemento único e irrepetible. Preme na ligazón:


 WEB CELSO EMILIO FERREIRO


APRENDE A LÍNGUA

Neste apartado iremos colgando materiais interesantes para mellorar o noso uso da língua:

- Isto é galego: Curso de galego con moito humor, de Cuac FM.

- Ben falado!: Microespazo da TVG de catro minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico Xesús Ferro Ruibal, e que promove e financia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.