Marcadores

9 de set. de 2015

Comeza o noso Ano Picolimpico 2015-16

Comezamos o novo curso escolar 2015-16 no CEIP do Rocío. O tema elixido para o noso proxecto anual do centro, "O Ano Picolímpico", xirará arredor dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos. 
Ao longo do curso irémonos mergullando na historia dos Xogos, as súas orixes, os deportes que se realizan, as persoas que participan e o fan posible, etc. 
Como xa saberedes, a celebración dos próximos Xogos Olímpicos e Paralímpicos vai transcorrer no Río de Xaneiro no verán de 2016.  Van ser as primeiras Olimpíadas celebradas nun país da América do Sur e tamén as primeiras celebradas nun país de fala portuguesa. 
Desde o noso blogue A VOZ DO RESÍO, non queremos deixar pasar a oportunidade deste gran acontecemento mundial, no que a nosa língua, o galego, pola súa proximidade ao portugués, terá a presenza, relevancia e utilidade internacional que algunhas veces se lle pretende negar. 
Como introdución, deixamosvos con este vídeo promocional de Río 2016, apresentado por catro nenos brasileiros que nos explicarán o que alí vai acontecer dentro duns meses