Marcadores

30 de abr. de 2014

Actividades para as Letras Galegas

Achegándose xa o día 17 de maio, queremos presentarvos as actividades que o Seminario Galán propón para coñecer a Xose María Díaz Castro, personaxe homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

22 de abr. de 2014

Festa da Sementeira de Matamá

http://sementeiramalaherba.blogspot.com.es/p/sementeira-2014.html 
PREME NA IMAXE PARA TER MAIS INFORMACIÓN

Un ano máis, o Colectivo Malaherba de Matamá organiza a Festa da Sementeira, na que poderedes gozar dunha chea de actividades, entre as que destacamos as Olimpiadas do Campo do sábado, a labranza cos bois e a sementeira do millo o domingo. Porén, a festa non remata aí. Tamén podedes acudir as diversas actuacións que terán lugar nesta fin de semana: Sergio Pazos (monólogo); Escornabois, Gaitas do  SCRD Nautilus, Zurrumalla, Sacha na horta, Sanamá...
Contamos con vós!!!  



10 de abr. de 2014

Concerto en apoio á Semente Vigo



Este sábado 12 de abril, ás 18:30 h, no Centro Cívico de Teis. haberá un concerto infantil en apoio á escola Semente Vigo.
Contará coas actuacións de Paco Nogueiras Nodar, Pablíssimo contacontos e Andrea Bayer.
A entrada custa 5 € e os cartos recadados axudarán a financiar o proxecto educativo de Semente Vigo.
Contamos con vós!!









3 de abr. de 2014

Como cho digo ;-)

Ponse en marcha Como cho digo ;-), unha campaña para a visibilización do uso do galego na comunicación.

http://comochodigo.eu/