17 de abr de 2013

O galego, a chave do mundo

Como di o lema do Correlingua deste ano, o galego é a chave do mundo. Grazas á proximidade da nosa lingua co portugués, os galegos atopámonos nunha situación de vantaxe á hora de aprender este idioma e comunicarnos co mundo lusófono. Se co castelán podémonos comunicar con case 340 millóns de persoas, entre a Península e América, abrirnos ao mundo lusófono vainos permitir comunicarnos con 240 millóns de persoas máis en Europa, América, África e Asia En outras comunidades, como Extremadura ou Castela León, xa hai tempo que o teñen claro, por iso desde os centros de ensino se oferta a aprendizaxe da lingua portuguesa. E iso que eles non falan galego! Para nós sería moito máis sinxelo introducir o portugués na escola a partir do galego. Non lle pechemos as portas a nosa língua, ela e a nosa chave do mundo.
Con este propósito, abriremos unha nova sección no blogue, chamada LUSOFONÍA no que iremos poñendo pequenas cousas coas que podemos empezar a nosa aproximación á língua portuguesa.  Esperamos que vos gusten!




Nenhum comentário:

Postar um comentário