O mércores 19 fomos de excursión a Santiago a ver o Parlamento e o edificio da Xunta de Galicia. Saímos do colexio as nove e media. Estivemos unha hora e media no autobús. Chegamos ao parlamento e nos recibiu unha guía chamada Adriana.
Entramos nunha sala e nos explicaron as funcións do Parlamento. Na sala había tapices dos escudos das 7 antigas provincias do reino de Galicia. Tamén había cadros dos presidentes de Galicia que xa non están. Tamén nos puxeron un vídeo das funcións do Parlamento:
-Teñen tres funcións:
-Lexislativo
-Electivo
-Control executivo.
Despois fomos á biblioteca e polos corredoiros vimos unha chea de cadros de Galicia. Chegamos a biblioteca e os libros falban de leis, dereito, infraestruturas etc...
Despois de rematar na biblioteca fomos a ver un debate no que un queria separar as nenas dos nenos nas escolas.
Ao sair do parlamento fomos a Xunta. Nos recibiu una guía chamada Laura, nos ensino o edificio que era una escola de xordomudos fomos a onde se aproban as leis e logo onde os conselleiros debatian.
Nenhum comentário:
Postar um comentário