O dia 7 de outubro celebrase a festa da Recolleita e do magosto en Matamá, organizada polo Colectivo Malaherba.
A festa comezará ás 17:oo h, cunha andaina para nen@s na que recolleremos o millo e o cargaremos un carro con bois para baixalo á festa. A andaina estará animnada polo Bardo Abelardo.
Sobre as 19:00 h, teremos a esfollada do millo e o reparto de castañas.
Ás 20:00 h, comezará a actuación de Peter Punk, un pallaso que terá á xente moi entretida.
A derradeira actuación, será ás 22:00 h coa música de Blues do País.
Os nosos compañeiros, Diego e Marta, que son de Matamá, poden comentarnos algún aspecto mais desta festa:
D- A min encántame ir a esta festa. Sempre hai algunha actuación para os rapaces e ademais é o primeiro magosto do outono.
M- A min o que máis me gusta é esfollar o millo. Hai que lembrar que este millo que recollemos foi o que sementamos no mes de abril na festa da Sementeira.
Agardamos que vos pasedes pola festa e o pasedes moi ben.
Nenhum comentário:
Postar um comentário