9 de abr de 2012

Visita de Luis Ferreiro

O venres 30 de marzo recibimos na nosa escola a visita de Luis Ferreiro, o fillo máis vello do escritor Celso Emilio Ferreiro. Os rapaces do 2º e 3º ciclo puidemos coñecer de primeira man algunhas das anécdotas da vida deste autor celanovés, do que neste ano se celebran os 100 anos do seu nacemento. Algún dos segredos que Luis nos contou é que a data real na que naceu o seu pai foi o 4 de xaneiro, pero en todos os libros e artigos se menciona o 6 de xaneiro pois esa foi a data "oficial" na que o inscribiron no rexistro de Celanova.

Nenhum comentário:

Postar um comentário