24 de abr de 2012

Festa da Sementeira do millo

O Colectivo Cultural Malaherba organiza para esta fin de semana, en Matamá, a Festa da Sementeira do millo, na que haberá moitísimas actividades: Mostra de aparellos do campo, Olimpiadas do campo (con probas para os nenos), charlas de agricultura ecolóxica, actuacións musicais e monologistas... Tamén se realizarán unha muiñada, unha labranza con bois, e a sementeira do millo por parte dos rapaces asistentes...
Para chegar, dirixídevos á capela de San Mauro, en Matamá, e alí xa atoparedes indicacións do lugar de celebración.
Ollade no cartaz o horario das actividades.

Nenhum comentário:

Postar um comentário