Marcadores

9 de set. de 2015

Comeza o noso Ano Picolimpico 2015-16

Comezamos o novo curso escolar 2015-16 no CEIP do Rocío. O tema elixido para o noso proxecto anual do centro, "O Ano Picolímpico", xirará arredor dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos. 
Ao longo do curso irémonos mergullando na historia dos Xogos, as súas orixes, os deportes que se realizan, as persoas que participan e o fan posible, etc. 
Como xa saberedes, a celebración dos próximos Xogos Olímpicos e Paralímpicos vai transcorrer no Río de Xaneiro no verán de 2016.  Van ser as primeiras Olimpíadas celebradas nun país da América do Sur e tamén as primeiras celebradas nun país de fala portuguesa. 
Desde o noso blogue A VOZ DO RESÍO, non queremos deixar pasar a oportunidade deste gran acontecemento mundial, no que a nosa língua, o galego, pola súa proximidade ao portugués, terá a presenza, relevancia e utilidade internacional que algunhas veces se lle pretende negar. 
Como introdución, deixamosvos con este vídeo promocional de Río 2016, apresentado por catro nenos brasileiros que nos explicarán o que alí vai acontecer dentro duns meses

15 de mai. de 2015

Letras Galegas 2015

Este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Xosé Filgueira Valverde, "o vello profesor". No seguinte enlace do Seminario Galán atoparedes información e actividades para coñecer mellor a vida e obra deste autor:

http://www.seminariogalan.org/


Filgueira Valverde, o escritor homenageado no Dia das Letras 2015, dá nome a um documento fundamental para entender a história do galego contemporáneo: o “Decreto Filgueira”, que em 1982 oficializou a normativa do galego que chegou aos nossos dias, derrogando as imediatamente anteriores de Carvalho Calero. Decreto Filgueira explica os antecedentes deste acontecimento desde os anos 70.


6 de mai. de 2015

O Correlingua xa está a chegar

O mes de maio é un dos que maior actividade temos na escola. Comezaremos coa nosa participación na carreira-marcha pola lingua, o Correlingua. Os rapaces de 3º e 4º do CEIP do Rocío estamos xa a preparar os nosos cánticos e as nosas pancartas, esperando ser dos grupos máis marchosos deste evento. Ao chegarmos a Castrelos, poderemos gozar coa actuación do grupo Sacha Na Horta,que poñerán o final a esta marcha polos dereitos da nosa língua. Vémonos no Correlingua!

23 de mar. de 2015

Ponte a Europa

Ponte a Europa é un un intercambio cultural entre Pontevedra, Sardiñeiro e outros puntos de Europa a través dunha plataforma virtual con formato blog. Na última entrada, atopamos este vídeo dun rapaz de Berlín, chamado Suleiman, que está a estudar galego na súa universidade.


4 de mar. de 2015

Blog de Ali. Recursos para Ed. Infantil

Deixámosvos aquí un blog estupendo para traballar a Lingua Galega cos máis pequenos. Tedes ordeados por idades os recursos recollidos neste blog de recursos para Educación Infantil.

PREME NA IMAXE

24 de fev. de 2015

Viches a Rosalía de Castro?

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o 178 aniversario do nacemento das escritora galega máis universal: Rosalía de Castro. Para celebralo, ofrecémosvos este video realizado pola EEI A Laña (A Baña).


20 de fev. de 2015

A lingua galega na visión dunha brasileira

Aline é unha estudante brasileira de viaxe polo noso país. Desde Compostela, presenta aos seus paisanos a terra que acaba de descobrir, Galicia, na que se fala unha lingua moi semellante ao portugués: O Galego!
Se cadra, na súa visión, Aline cae nalgúns erros, mais é unha boa mostra da concepción que desde fóra teñen de nós e da nosa língua.