Marcadores

28 de mai. de 2019

Xornada de Xogos Tradicionais

O 16 de maio os alumnos de 6º de Ed. Primaria fomos convidados a un encontro de Xogos Tradicionais celebrado en Silleda. Alí xuntámonos a outros rapaces de Tirán, A Estrada, Sanxenxo... nun encontro no que practicamos diferentes xogos e deportes traicionais.
Ademais dos xogos, tamén gozamos cunha sesión de animación e pasámolo moi ben. Aquí vos quedan algunhas fotos desta xornada lúdica.








15 de nov. de 2018

A importancia da toponimia

A Real Academia Galega insiste: a toponimia galega debe ser declarada Patrimonio da Humanidade 

Toponimia galega

 PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOTICIA

31 de out. de 2018

Premios ao Concurso de Samaín


Hoxe, cuarta feira e último día de outubro entregamos os premios do Concurso de Microrrelatos de Medo. Houbo moitos traballos e de moita calidade, polo que a decisión de elixir aos tres mellores en cada unha das categorías (Audio e Vídeo) non foi unha tarefa doada.

 Parabéns aos gañadores, así como a todos os demais participantes!!

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AOS RELATOS PREMIADOS

17 de out. de 2018

Microrrelatos de TERROR

Achegámonos xa ao Samaín, a festa que despide ao verán e dá a chegada ao escuro e frío inverno. Por mor desta data, queremos animarvos a participar na seguinte proposta:

Resultado de imaxes para escritor monstruo
MICRORRELATOS DE MEDO

- Convócase a todas as familias a participar do concurso de "Microrrelatos de medo" de Samaín.
- Os relatos deberán ser elaborados en Lingua Galega
- A temática dos microrrelatos deberá ser de terror, medo ou misterio.
- Os relatos deben de ter unha duración máxima de 1 minuto.
- Os relatos poden ser realizados en vídeo ou nun audio, puidendo presentarse en formato de curtametraxe ou de audio-relato.
- Os relatos deberán enviarse ao número de Waths App da escola 658715569
- O prazo de presentación dos microrrelatos rematará o Luns 29 de outubro, este incluído.
- O día 31 de outubro, os autores dos microrrelatos gañadores recibirán un premio horripilante e monstruoso.

4 de mai. de 2018

Visita ao Parlamento de Galicia

Os cursos de 5º e 6º de Primaria fomos o martes 2 de maio a Compostela, a visitar a sede central da Xunta, no edificio de San Caetano, e "O Hórreo", o edificio onde se atopa o Parlamento de Galicia.

Algúns dos nosos compañeiros teñen xa vocación de políticos, así que subiron a dicir unhas palabras...





13 de mar. de 2018

A Sarabia

A semana pasada estabamos en clase cando de repente caeu unha sarabiada impresionante!! A verdade é que deixamos de prestarlle atención ao profe porque aquilo era extraodinario. O patio da nosa escola estaba branco, como se tivese nevado. E no peitoril da xanela quedou acumulada moita sarabia. Que causalidade! Xusto cando estabamos dando en clase o tempo atmosférico. Esperemos que a nosa horta non se vexa afectada por este fenómeno atmosférico.
Coñecedes algunha outra palabra para denominar a sarabia? Aquí tedes unhas poucas: graínzo, pedra, pedrazo, salpedrés
 



5 de mar. de 2018

Súbete ao Rocío!!

Como presentación ás Xornadas de Portas Abertas do noso centro, realizamos este vídeoclip no que participamos toda a comunidade educativa. Súbete ao Rocío!