Marcadores

16 de mar. de 2016

Homenaxe a Rosalía

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía gravando este vídeo no que participamos todos os cursos da escola. 
Ademais, os alumnos de 6º de Primaria foron os encargados de facer a edición deste vídeo, que forma parte do noso proxecto de innovación. Deixamos aquí un dos que máis nos gustou.





22 de fev. de 2016

Rosalía é Mundial!

24 de febreiro de 1837 é a data de nacemento da nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro. A Associaçom Galega da Lingua (AGAL) réndelle homenaxe con dezaoito poemas recitados en diferentes sotaques lusófonos. 
Nos vídeos, diferentes persoas da Galiza, Portugal, Brasil e Angola poñen a súa voz a diferentes poemas escollidos polas mesmas entre os publicados nos libros Cantares Galegos (1863) e Follas Novas (1880). As voces son acompañadas con subtítulos da versión orixinal deses poemas. 
 Durante os días 22 e 23 de febreiro, podes participar na votación para escoller o mellor poema, ou a mellor lectura, que será anunciado no dia 24. Basta clicares en ‘gosto’ no vídeo de Youtube da túa preferencia. 
PREME NA IMAXE PARA VER OS VÍDEOS 
http://pgl.gal/rosalia-e-mundial/

15 de fev. de 2016

O fútbol gaélico

Terceiro traballo do noso Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística, desta vez dedicado a expoñer como é o xogo do Fútbol Gaélico, un deporte que levamos varios anos practicando na nosa escola e que nos últimos tempos está a coller moito pulo en Galicia. Esperamos que vos guste!!


13 de fev. de 2016

Aí vén Pedro Chosco!

Publicamos no noso blog "A voz do Resío" a obra de teatro realizada polos alumnos de 4º de Primaria no pasado festival de Nadal. Esta obra forma parte do noso proxecto audiovisual "Antena Resío TV".  Moi bo traballo, rapaces!


27 de nov. de 2015

Dez sinxelos pasos para revitalizarmos a nosa lingua

A Mesa pola normalización lingüística de Galiza ven de publicar un pequeno video no que nos anima a dar pequenos pasos en prol da nosa lingua.
Aquí vos queda.


9 de nov. de 2015

Recursos do Magosto

Este martes 10 de novembro celebramos na nosa escola o tradicional magosto. Como neste curso estamos no "Ano Picolímpico", os nenos e nenas do Rocío farán unha Olimpíada das Castañas, xogando en diversas probas deportivas antes pasar á degustación das castañas asadas.
Para saber máis sobre esta festa tradicional, deixamos aquí os seguintes recursos:

Recursos do Magosto
O magosto en Galiza. (Presentación)
U.D. da Castaña

4 de nov. de 2015

Samaín 2015

Para celebrarmos o Samaín, os rapaces de 4º fixemos este vídeoclip terrorífico. O tema musical escollido foi "Os esqueletos", na versión realizada por Luis Prego no seu derradeiro traballo "Xogos infantís". Fixemos un pouco de "playback", pero pasámolo moi ben. 
Con este vídeo iniciamos as actividades do proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística "Antena Resío TV".  Agardamos que vos guste!!