OS MERDEIROS, A RECUPERAÇOM from OS MERDEIROS, A RECUPERAÇOM on Vimeo.
Marcadores
13 de fev. de 2013
O Merdeiro: un personaxe do entroido vigues
Aquí vos queda un pequeno documental sobre o traballo de recuperación realizado arredor deste personaxe.
6 de fev. de 2013
O anel da vergoña
Deixamos aquí unha carta dun lector do Faro de Vigo, moi interesante.
Anel de vergoña
Iolanda Teijeiro Rey - Ferrol
01.02.2013 | 07:32
Unha disposición de vintedous de xullo de 1837, encamiñada a promover o
uso exclusivo do castelán aconsellaba o seguinte recurso pedagóxico:
entregar un anel a un alumno o primeiro día da semana; cada vez que o
posuidor da prenda escoitara falar en idioma diferente ao castelán
(léase galego), entregaríalle o anel a aquel alumno que ousase falalo, e
así, de cote, ata a fin de semana en que o probe ignorante que ficase
co anel sería duramente castigado.
Hoxe, a meirande parte dos alumnos galegos, ao chegar a clase os luns, seguen a matarse por desfacerse deste anel da vergoña de falar na lingua propia de Galiza que é o galego, non o castelán. E que o galego sexa a lingua propia de Galiza debémosllo a todo o pobo que foi quen de seguir a falalo durante séculos a pesares da aldraxe e o asoballamento, da doma e da castración que padecimos e padecemos dende o reino de Castela.E tamén aos que hoxe erguémonos para defendelo. O anel da vergoña aínda o levan os meniños galegos que empezan o preescolar e non teñen colexio onde os eduquen na súa lingua nai. O anel da vergoña está no decreto de Feijóo, na reforma da Wert-goña da Meseta. O anel da vergoña é ter que levar enriba un traductor simultáneo cada vez que exercemos o dereito a vivire en galego na nosa Terra. Pedir unha macela e, perante a faciana abraiada do camareiro, ter que engadir: camomila, manzanilla, ho! Ou estar a practicar tai chi e ter que dicir cóbado-codo, xeonllo-rodilla, coteno-nudillo, queixo-mentón... sen poder descansar un intre, cando te dirixes a persoas que naceron e viviron toda a vida en Ferrol, e Ferrol é unha cidade galega, alomenos oficialmente. O máis vergoñento do anel da vergoña non é a deshonra dos devanceiros, a propia deshonra, senón a indignidade de milleiros de galegos avergoñados que morren por pasarlle o anel que o sinala coma galego a outro e vender o seu e aos seus sen precisar xa de ningún castigo ameazante!
Polo menos noutros séculos eran estranxeiros, reis castelás os que nos impuñan a lingua castelá. Agora póñennos o anel aqueles que enchen a boca coa verba liberdade (de lingua, de escolla...) e non falan galego nin o dezasete de maio: AGLI, MLL, GB... Tan gallego como el gallego, que utilizaron nenos de primaria para recoller sinaturas contra a nosa lingua. Eses desleigados que confunden á lingua cos falantes e loitan contra a normalización lingüística porque din que a normalización non define como normais aos castelánfalantes. Din que se opoñen a calquera discriminación por razón de lingua. Mais eu nunca os vexo contra a discriminación dos galegofalantes, cando é maioritaria. Nunca os vexo nas manifestacións polos dereitos lingüísticos negados en séculos de historia ata hoxe. Non os vexo reclamando medios en galego, ensino en galego... onde non chega, que é en toda Galiza. Seica para eles a liberdade é a liberdade do diñeiro. E se non hai oferta é porque non hai demanda. A trola da lei de libre mercado aplicada á lingua asoballada! Cando eliminaremos este anel da vergoña? Vivamos coma galegos, mais non só de figuríns na publicidade.
Fonte orixinal: Faro de Vigo. 01/02/2013
http://www.farodevigo.es/cartas/2013/02/01/anel-vergona/750155.html

23 de nov. de 2012
O TSXG bota embaixo a consulta do PP ás familias sobre o uso do galego en Infantil
Invalida tamén que o alumnado use no aula calquera idioma; terá que falar no que se imparta a materia.
Non haberá consulta ás familias para escoller a lingua vehicular do
ensino en Infantil. Así o dispón a resolución do TSXG que vén de se
facer pública nesta quinta feira, e que bota embaixo "o artigo que
supuxo o varrido da nosa lingua no 96% dos centros de ensino do País",
sinala Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización.
21 de nov. de 2012
6 de nov. de 2012
Vinte anos de incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en Galiza
O documento europeo que protexe as linguas rexionais ou minoritarias históricas de Europa celebra os seus vinte anos coas críticas á actuación dos gobernos español e galego polo seu incumprimento. A Mesa e AGAL exixen que os poderes públicos recoñezan os seus compromisos en materia lingüística coa UE.
5 de nov. de 2012
Ollos de aula
Xa tedes nas vosas mans o Nº 2 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado.
O que buscabas!!
Presentámosvos o Blogue "Recursos GZ". Mirade a cantidade de recursos que teñen! Desde música, filmes, xogos, actividades... Un blogue que non vos debedes perder.
Assinar:
Postagens (Atom)