Marcadores

18 de abr. de 2012

Galego e portugués: Semellanzas e diferenzas

Ofrecémosvos dous vídeos que tratan sobre as semellanzas e diferenzas dos idiomas galego e portugués. O primeiro, pertence a serie "Ben falado!" da TVG, e consta de varios capítulos.



O segundo é un programa da RTP "Cuidado com a lingua", que adicou este capítulo á relación entre o galego e o portugués.
Esperamos que vos resulten interesantes.


Novo Dicionario da RAG

Recentemente a asociación Trasno vén de publicar unha extensión para o navegador Firefox realizada por Antón Meixome que permite consultar o novo dicionario en liña da Academia Galega desde o navegador. Este e outros complementos de utilidades en galego para Mozilla Firefox podedes descargalos AQUÍ
Tamén desde a rede social galega Cabozo podedes baixar unha extensión co mesmo propósito para o navegador Google Chrome, premendo AQUÍ.

11 de abr. de 2012

Deolinda

Deolinda é un grupo de música popular portuguesa (MPP), inspirado no fado e nas súas orixes tradicionais.
Ademais, as súas cancións permiten que poidamos "abrir orella" e, a partir do noso coñecemento do galego, achegarnos a unha maior comprensión do portugués.


Os días da semana

O blogue "Debullando a fala" é  un lugar de encontro para todos aqueles que se interesan pola nosa lingua, propondo solucións, ás veces, pero, sobre todo, recomendacións e opinións razoadas sobre os problemas prácticos e teóricos que xurden na práctica. 

Na seguinte entrada deste blogue atopamos unha clara exposición da orixe que ten a dobre nomenclatura dos días da semana en galego, esperamos que vos resulte unha lectura interesante.


10 de abr. de 2012

Telexornal Paz Andrade

Aquí vos deixamos un interesante video realizado polos rapaces do CPI Os Dices de Rois, arredor da figura de Valentín Paz Andrade. Unha idea moi ben traballada:


Web de Valentín Paz Andrade

Este ano adicámoslle o día das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade. Para coñecer un pouco máis a este notable personaxe, achegámosvos unha ligazón na que se dá abondosa información sobre a súa vida e obra, así como os diversos eventos que se han celebrar por toda a xeografía do noso país para lembrar a figura de Valentín Paz Andrade.



Visita de Luis Ferreiro

O venres 30 de marzo recibimos na nosa escola a visita de Luis Ferreiro, o fillo máis vello do escritor Celso Emilio Ferreiro. Os rapaces do 2º e 3º ciclo puidemos coñecer de primeira man algunhas das anécdotas da vida deste autor celanovés, do que neste ano se celebran os 100 anos do seu nacemento. Algún dos segredos que Luis nos contou é que a data real na que naceu o seu pai foi o 4 de xaneiro, pero en todos os libros e artigos se menciona o 6 de xaneiro pois esa foi a data "oficial" na que o inscribiron no rexistro de Celanova.