Marcadores

15 de out. de 2025

Achégase o Samaín!!! VIII CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO

 Doce cosas que debes saber sobre el Samaín

 Moi boas rapaces! Xa estamos na metade de Outubro, polo que non falta moito para a primeira celebración do ano: O Samaín!!!

Como vén sendo xa tradición, convocamos a todo o alumnado e ás súas familias para participar no VIII CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO.

Estade atentos á normativa:


NORMAS para os relatos: 

1- Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega.

2- Establécense 2 categorías: PEQUES (4º de Ed. Infantil ata 2º de Ed. Primaria) 

e MAIORES (3º a 6º de Ed. Primaria)

2- Os microrrelatos poden ser presentados en formato AUDIO ou VÍDEO

3- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 

4- Deben de ter unha duración máxima de TRES MINUTOS. 

5- Tedes que envialos por unha destas canles: 

· E mail: juanlf@colexiorocio.com 

· WhatsApp da nosa escola 658715569 

· Traer á escola nun Pen drive 

6- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 27 de outubro ás 23:59h. 


Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes  

criterios

CRITERIOS DE PUNTUACIÓN

-A corrección idiomática 

-A participación do alumnado 

-A entonación e interpretación

-A estrutura do relato (O guión): inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser 

necesariamente nesa orde!)

-Os efectos especiais


O xoves 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos os gañadores das diferentes categorías do concurso.

Nenhum comentário:

Postar um comentário