Marcadores

10 de out. de 2024

VII CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO

 

Xa estamos no outono e a primeira festa do ano xa se achega: O Samaín! Como todos os anos, convocamos ao alumnado e ás súas familias para que participen no CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO, que este ano fai a súa sétima edición.

9,879,459 ilustraciones de stock de Monstro de rosa | Depositphotos


As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 


- AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio. 

Animámosvos a participar nesta categoría! É moi sinxelo: pensa nun bo tema, escribe o guión e grávate! A túa historia publicaráse nos programas de Radio Resío que se emitan durante este outono.


- VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.

Fai a túa curta! Móstranos o Alfred Hitchcock que levas dentro. 


Fíxate ben nas normas que hai establecidas para ambas as dúas categorías. Que non quede fóra a túa historia por un pequeno despiste!


NORMAS para os relatos: 

1- Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 

2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 

3- Deben de ter unha duración máxima de DOUS MINUTOS. 

4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video

5- Tedes que envialos por unha destas canles: 

· E mail: juanlf@colexiorocio.com 

· WhatsApp da nosa escola 658715569 

· Traer á escola nun Pen drive 

6- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 28 de outubro ás 23:59h. 

 


Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios


CRITERIOS DE PUNTUACIÓN

-A corrección idiomática 

-A participación do alumnado 

-A entonación e interpretación

-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser necesariamente nesa orde!)

-Os efectos especiais


O mércores 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos aos gañadores das diferentes categorías do concurso. 


Nenhum comentário:

Postar um comentário