Marcadores

18 de nov. de 2021

Final feliz para Lola, a vaca que levaba 5 días atrapada en Vila de Cruces

 

Foi un rescate que creou gran expectación. Desde que se coñeceu a historia de Lola, a vaca que quedou atrapada nunha zona de difícil acceso en Vila de Cruces (Pontevedra), moitas olladas estaban pendentes do que acontecía con ela.

E a historia rematou da mellor maneira posible. Este martes, pouco despois das catro da tarde, ao fin conseguían rescatala da beira do río Deza, onde levaba días atrapada. Foi tras varios días de traballo e coa axuda dunha retroescavadora para abrir un camiño polo que Lola puidese saír.

A vaca escapara o pasado xoves da corte xunto a dúas becerras. Os seus donos cren que fuxiron pola presenza doutro animal. Na súa fuxida, caeron por un cavorco e acabaron no río Deza. Atopáronas ao día seguinte e puideron rescatar as dúas becerras coa axuda dunhas cordas, pero non a Lola, que está preñada de oito meses e non era quen de subir pola empinada costa.

Non só os seus donos, senón tamén varios veciños, axentes de Protección Civil, do Seprona e o alcalde de Vila de Cruces quixeron axudar nos labores de rescate.

Gardas nocturnas para evitar que a atacasen

Esgotada e enferma, por ter permanecido un tempo metida no río, os veciños coidaron de que non lle faltase de nada. Leváronlle auga e comida e tapárona con mantas. Tamén lle puxeron unha radio para espantar ás alimañas eIncluso estableceron quendas de día e de noite para evitar que animais como o lobo ou o porco bravo puidesen atacala.

Finalmente conseguiron abrir unha gabia coa axuda dunha retroescavadora, habilitando un paso polo que a vaca puido saír.

 


Nenhum comentário:

Postar um comentário