Domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado.
Eis os días da semana tradicionais en galego e no mundo da lusofonía.
En Galiza aínda perviven e están vivas en boa parte do país, se ben nas
persoas de máis idade.
Para evitar a desaparición destas denominacións,
recuperalas e darlles vida diaria xorde a campaña “Nós feiramos de segunda a sexta”, impulsada por A
Mesa pola Normalización Lingüística, Portal Galego da Lingua ( PGL),
A Associaçom Galega da Língua (AGAL), xunto coa Fundación Vía Galego.
Dentro desta campaña, o grupo musical Mamá Cabra compuxo a canción "Na segunda feira", co obxectivo de facilitar ás crianzas a aprendizaxe dos días da semana tradicionais.
Nenhum comentário:
Postar um comentário