13 de mar de 2013

Un idioma entra na casa: un discurso para pais castelán-falantes

Aqui vos deixamos un interesante vídeo: O papel dos pais na aprendizaxe dun segundo idioma.




 Un discurso para pais castelán-falantes por Paula Kasares, onde invita aos pais a acompañar aos nenos na aprendizaxe dunha lingua que non usa, ou como neste caso (o euskera), que non domina. Este discurso sería moito máis fácil de establer en Galicia, pero para iso compriría unha actitude completamente diferente por parte da Xunta. A tese central do que nos di Paula Kasares é que os pais poden transmitir unha lingua que non usan, incluso máis, poden transmitir unha lingua que non coñecen:

No mundo hai máis de 6000 linguas e 200 estados. Polo menos 30 linguas por estado. O raro é unha sociedade cunha soa lingua.
Os vosos fillos van ter o castelán, que é a lingua socialmente forte, como lingua materna. Teñen o castelán asegurado. Non hai que ter ese medo porque é infundado.

Fonte orixinal: Carta Xeométrica

Nenhum comentário:

Postar um comentário