Marcadores

29 de out. de 2013

Semente Vigo

O pasado sábado 26 de outubro celebrouse en Vigo as I Xornadas de Educación e Lingua organizadas pola Asociación Pro-Semente Vigo. Se queredes ter maior información, podedes ver no blogue de Sechu Sende, que participou na primeira palestra destas xornadas as súas impresións.

 

23 de out. de 2013

LIM sobre a Vendima

Dentro das actividades desta estación outonal, a vendima é unha das máis nomeadas de todas.


17 de jun. de 2013

Fala galego porque es de Marín

Desde o blogue Carta Xeométrica, recollemos a nova desta campaña: "Fala galego porque es de Marín". O pasado martes 11 de xuño no museo Manuel Torres fíxose a presentación oficial deste documento audiovisual, elaborado polos estudantes de todos os centros de ensino de Marín.
Este documental é unha peza máis de toda a programación que teñen previsto levar a cabo os centros educativos marinenses para chamar a atención sobre o emprego do galego.
Parabéns a todos os que traballaron nesta excelente iniciativa.