Marcadores
6 de mai. de 2015
O Correlingua xa está a chegar
O mes de maio é un dos que maior actividade temos na escola.
Comezaremos coa nosa participación na carreira-marcha pola lingua, o Correlingua.
Os rapaces de 3º e 4º do CEIP do Rocío estamos xa a preparar os nosos cánticos e as nosas pancartas, esperando ser dos grupos máis marchosos deste evento. Ao chegarmos a Castrelos, poderemos gozar coa actuación do grupo Sacha Na Horta,que poñerán o final a esta marcha polos dereitos da nosa língua. Vémonos no Correlingua!
23 de mar. de 2015
Ponte a Europa
Ponte a Europa é un un intercambio cultural entre Pontevedra, Sardiñeiro
e outros puntos de Europa a través dunha plataforma virtual con formato
blog. Na última entrada, atopamos este vídeo dun rapaz de Berlín, chamado Suleiman, que está a estudar galego na súa universidade.
4 de mar. de 2015
Blog de Ali. Recursos para Ed. Infantil
Deixámosvos aquí un blog estupendo para traballar a Lingua Galega cos máis pequenos. Tedes ordeados por idades os recursos recollidos neste blog de recursos para Educación Infantil.
PREME NA IMAXE
24 de fev. de 2015
Viches a Rosalía de Castro?
Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o 178 aniversario do nacemento das escritora galega máis universal: Rosalía de Castro. Para celebralo, ofrecémosvos este video realizado pola EEI A Laña (A Baña).
20 de fev. de 2015
A lingua galega na visión dunha brasileira
Aline é unha estudante brasileira de viaxe polo noso país. Desde Compostela, presenta aos seus paisanos a terra que acaba de descobrir, Galicia, na que se fala unha lingua moi semellante ao portugués: O Galego!
Se cadra, na súa visión, Aline cae nalgúns erros, mais é unha boa mostra da concepción que desde fóra teñen de nós e da nosa língua.
Se cadra, na súa visión, Aline cae nalgúns erros, mais é unha boa mostra da concepción que desde fóra teñen de nós e da nosa língua.
3 de fev. de 2015
Polas fillas dos nosos fillos
Este é o lema escollido pola Plataforma Queremos Galego para a manifestación deste domingo 8 de febreiro.
A plataforma cidadá Queremos Galego, formada por persoas a título individual e máis de 600 colectivos, promove a manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela a prol dunha maior protección da língua galega.

PARA SABER MÁIS, PREME NA IMAXE
5 de dez. de 2014
Culturgal 2014
Desde hoxe venres 5 e ate o domingo 7, ten lugar a feira das industrias culturais de Galicia, o Culturgal.
Durante toda a fin de semana terán lugar no PAzo da Cultura de Pontevedra diversas actividades, actuacións, exposicións e outros eventos. Se premedes na imaxe podedes acceder á programación.
NON VOLO PERDADES!!!

Assinar:
Postagens (Atom)