Este é o lema escollido pola Plataforma Queremos Galego para a manifestación deste domingo 8 de febreiro.
A plataforma cidadá Queremos Galego,
formada por persoas a título individual e máis de 600 colectivos,
promove a manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela a prol dunha maior protección da língua galega.
Desde hoxe venres 5 e ate o domingo 7, ten lugar a feira das industrias culturais de Galicia, o Culturgal.
Durante toda a fin de semana terán lugar no PAzo da Cultura de Pontevedra diversas actividades, actuacións, exposicións e outros eventos. Se premedes na imaxe podedes acceder á programación.
NON VOLO PERDADES!!!
O 21 de novembro terá lugar nas salas de toda Galicia a estrea do filme A Esmorga, adaptación cinematográfica da obra de Blanco Amor. Esta é unha oportunidade única de asistir a un filme realizado en Galicia e en galego. Non a deixedes pasar!
Mañá é 11 de novembro, día de San Martiño, data oficial de celebración da festa do Magosto, e na nosa escola tamén o imos festexar. Para traballar algúns aspectos desta festividade, deixámosvos aquí unha chea de recursos recompilados por Mª Asunción García Álvarez.