Desde hoxe venres 5 e ate o domingo 7, ten lugar a feira das industrias culturais de Galicia, o Culturgal.
Durante toda a fin de semana terán lugar no PAzo da Cultura de Pontevedra diversas actividades, actuacións, exposicións e outros eventos. Se premedes na imaxe podedes acceder á programación.
NON VOLO PERDADES!!!
O 21 de novembro terá lugar nas salas de toda Galicia a estrea do filme A Esmorga, adaptación cinematográfica da obra de Blanco Amor. Esta é unha oportunidade única de asistir a un filme realizado en Galicia e en galego. Non a deixedes pasar!
Mañá é 11 de novembro, día de San Martiño, data oficial de celebración da festa do Magosto, e na nosa escola tamén o imos festexar. Para traballar algúns aspectos desta festividade, deixámosvos aquí unha chea de recursos recompilados por Mª Asunción García Álvarez.
Os rapaces de 5º e 6º fomos o luns 12 de maio de excursión ao monte Galiñeiro.
Fixemos un pequeno percorrido no que puidemos coñecer as súas riquezas: Formacións naturais, vestixios arqueolóxicos, fauna e flora,etc...
Pasámolo moi ben e tivemos moi bo día, ainda que o profe Juan se pasou dándonos caña para que bulísemos.