Marcadores

24 de mar. de 2014

VINCIOS.ORG: Coñecer o monte para defendelo

Desde a  Mancomunidade de montes de Vincios estase a traballar nun proxecto de posta en valor dos nosos montes. A súa idea pasa porque todos coñezamos que riquezas temos nos nosos montes (recursos económicos, arqueolóxicos, naturais,etc) e dese xeito tomemos conciencia da importancia que ten na nosa calidade de vida. Na súa web, Cartografías Sensibles, podedes atopar moita información sobre a Serra do Galiñeiro, sobre as súas riquezas e tesouros, que nos ofrecen unha chea de posibilidades de uso dos montes.

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA WEB

http://vincios.org/

25 de fev. de 2014

O Entroido en Galicia: Recursos

Nas seguintes ligazóns podedes atopar unha chea de recursos relacionados co Entroido en Galicia.
O primeiro, o monográfico colaborativo creado pola Coordinadora Galega de EDNL. No segundo, podemos atopar diversos recursos dispoñibeis na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.





http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2014

21 de fev. de 2014

Editorial Galaxia inaugura unha canle online con vídeos de música infantil.

Sonárboretv é unha canle no youtube na que se irán ofrecendo os vídeos que protagonizan os libro-discos da colección Sonárbore. Polo momento poden visionarse os vídeos correspondentes aos traballos 'Bicos de música', de Mamá Cabra, e 'María Fumaça'. Nos próximos días iranse incorporando outros doutras producións, segundo informou a editorial. 


http://www.youtube.com/user/sonarboretv

5 de fev. de 2014

O Entroido de Galicia

Un apartado especial dentro do noso proxecto anual "Galicia 365", vai ser o adicado ao Entroido.
En Galicia a celebración do Entroido é unha tradición moi antiga. Temos moitos e moi variados Entroidos dentro do noso país, tan semellantes e ao mesmo tempo tan diferentes entre eles.
A modo de introducción, aquí vos deixamos unha pequena actividade para familiarizarnos coas distintas celebracións, figuras e tradicións de Entroido que se celebran en Galicia.

http://www.siteo.org/educateo2/infantil.html

27 de jan. de 2014

Ven de Furancho con Semente

Semente Vigo, é unha asociación sen ánimo de lucro que pretende desenvolver un proxecto educativo en galego para cativos de 2 a 5 anos na cidade de Vigo.
Esta Semente acaba de agromar e precisa do voso apoio para medrar forte e sa.
Por iso, convidámosvos a partir do xoves 30 de xaneiro e ata o sábado 1 de febreiro a asistir ao Furancho Malaherba, en Matamá, onde se realizarán diversas actividades infantís: Contacontos, Actuacións musicais, obradoiros... Aquí vos queda a programación. Agardamos por vós!!!:




Aquí vos queda un video da BANDA DOS CUEIROS, que actuarán o sábado ás 18:00 horas.



O Contacontos Sr. Garavata Torta

22 de jan. de 2014

Preparando o Día da PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non-violencia.
Nos seguintes links imos coñecer un pouco mellor esta celebración e as súas causas.


18 de dez. de 2013

O Apalpador chega polo Nadal


Un ano máis, as festas de Nadal xa están aquí. Para lembrar a figura do Apalpador, deixámosvos as seguintes actividades:

http://dl.dropboxusercontent.com/u/50994681/apalpador.html