Marcadores

6 de jun. de 2012

O ensino en galego na Educación Infantil

A Mesa pola Normalización Lingüística constata que na educación infantil das sete cidades galegas (até os seis anos) a presenza da lingua propia do país “decaeu de forma notoria nos anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo” e calculan que este descenso a sitúa mesmo por debaixo do 10%. A Mesa anima as familias a responderen “galego” nas matrículas de Educación Infantil, “pois é o único xeito de garantir unhas competencias mínimas tamén na lingua do país”.

PREME NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN

1 de jun. de 2012

Enquisa sobre a língua aos pais de Educación Infantil

Desde a Coordinadora Galega de equipos de normalización lingüística, achegamos esta nota informativa aos pais que van matricular aos seus fillos en Educación Infantil, arredor da lingua que queren que se empregue na aula.



Xunto á documentación para formalizar a matrícula  na etapa de Educación Infantil, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria envía unha enquisa na cal se pregunta pola lingua materna do neno ou da nena. As dúas opcións que se ofrecen son castelán ou galego.

As familias debedes saber que  o resultado da devandita enquisa establece a lingua que se vai empregar na aula durante os tres cursos da etapa de Educación Infantil.

Se desde a escola se vos pide ás familias que decidades, debedes ter toda a información  para facelo de xeito responsable, sendo conscientes das consecuencias que a vosa escolla terá no futuro.

Hai moitas razóns polas cales cómpre elixir o galego para os nosos nenos e nenas:

- Porque necesitan competencia nas dúas linguas para poderen no futuro decidir cal queren usar.

- Porque é un momento decisivo na súa aprendizaxe e deben saber que o galego é tamén unha das linguas da escola.

- Porque mellorarán a competencia en castelán e noutras linguas.

- Porque chegarán con mellor preparación ao ensino primario.

- Porque poñerán en valor o que lles pertence como galegas e galegos.

- Porque renunciar a que o galego forme parte do ensino infantil,  supón  perder a oportunidade de ilo integrando de xeito natural e sen ningunha dificultade.


Está na vosas man facer unha escolla responsable.

25 de mai. de 2012

Recoñecemento ao creador de Super Mario

Como xa saberedes, Shigeru Miyamoto, o creador de Super Mario Bros. e moitos outros personaxes de Nintendo, acaba de ser premiado co Premio Principe de Asturias de Comunicación.
Os seus videoxogos, dirixidos a todos os públicos baixo un enfoque familiar, foron recoñecidos "por excluir a violencia e por innovar con programas e formatos que axudan a exercitar a mente nas súas múltiples facetas, resultando moi valiosos desde un punto de vista educativo."
Aquí vos deixamos unha canción que o grupo galego Ataque Escampe lle dedicou ao fontaneiro máis famoso entre a rapaza de medio mundo. Para escoitala, PREME NA IMAXE:


23 de mai. de 2012

Imaxin Software gaña o premio Leixapren 2012

A empresa Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012 polo uso cotián do galego

A empresa compostelá, dedicada ao desenvolvemento de programas informáticos, resultou a máis votada polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián que fai da lingua galega.
PREME NA IMAXE PARA TER MAIS INFORMACIÓN

21 de mai. de 2012

Empresas e comercios co Modelo Burela

Hai pouco vos deixamos unha lectura sobre o modelo de inmersión lingüística coñecido como Modelo Burela, agora vos deixamos outra nova relacionada coas empresas que asumen como propios os criterios de atención e de comunicación deste modelo.
PREME NA IMAXE

18 de mai. de 2012

XIII Festival Internacional de Títeres de Redondela

Desde o 14 de maio e ata o domingo 20 estase a celebrar en Redondela a 13ª edición deste festival, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela e a Asociación Xente Titiriteira.
O festival contará coa presenza de quince compañías de teatro de catro paises distintos: Inglaterra, Dinamarca, Portugal e España, artistas especializados na manipulación de obxectos, títeres de man e luva, marionetas de fíos, bonecos tradicionais de madeira e sombras chinesas.

Hay dúas programacións, a de sala que se desenvolverá no Auditorio Multiusos da Xunqueira e a de rúa que transcorrerá nas distintas rúas e prazas do municipio redondelán.
As actuacións de rúa son de balde, mentres que as de sala teñen prezos de 3 a 5 euros.

Posto que o tempo non acompaña nestes días para ir á praia, suxerímosvos que vos pasedes por Redondela, xa que contan con carpas e espazos acondiconados para evitar a chuvia.

PREME NA IMAXE PARA VER O FOLLETO

15 de mai. de 2012

Xabarín 18

O Xabarín Club celebra a súa maioría de idade.
Nestes 18 anos foi un dos programas con máis éxito que tivo na súa historia a TVG. Con máis de 100.000 rapaces afiliados, converteuse nun fenómeno social que desenvolve un importante labor de normalización e achegamento da lingua aos máis cativos.
O programa inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais galegos, e series de produción propia. 
Moitos grupos musicais galegos tales coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto ou The Killer Barbies, e tamén portugueses e africanos actuaron para o programa, dando a coñecer aos cativos o chamado "movemento Bravú".
Desde o EEI Monte da Guía e o CEIP Sequelos de Marín iniciouse un proxecto para conmemorar o aniversario do porco bravo máis famoso de Galiza. Neste proxecto atoparedes música, vídeos, xogos e actividades. Tamén información sobre os diversos eventos que se están a celebrar con este motivo.

PREME NA IMAXE



A profe Mari Cruz tamén nos deu unha entrada interesante, a da páxina oficial do Xabarín Club, na que, entre outras cousas, vos podedes facer socios, ver videoclips, descargar materiais...

 PREME NA IMAXE