Marcadores

24 de out. de 2022

RADIO RESÍO: Achégase o Samaín.

Agora que se achega o Samaín, queremos lembrarvos as actividades do cole nas que podedes participar para este Samaín. Fixemos este programa para animarvos a todos a participar. Non as perdades!! 

ESCOITAR PROGRAMA DE RADIO




Se nos fixestes nunca unha cabaza de Samaín, só tedes que seguir estas instrucións: 

1- Escolle unha cabaza segundo as túas preferencias: alongada, redonda, grande, mediana... Recomendámosvos que non escollades unha cabza demasiado grande nin pequena, pois son máis difíciles de traballar. Máis que a súa forma, o importante é que comprobedes que non é demasiado dura para traballar con ela. 

2- Coa axuda dun adulto, fai un burato pola parte superior da cabaza, (onde está o rabo). Faino con coidado, para que poidas usar de tampa a parte pola que furaches a cabaza. Ten que ser un burato suficientemente amplo para poder obrar por dentro da cabaza con facilidade. 

3- Cunha culler grande, baleira o interior da cabaza (podes gardar as sementes para a primavera). Ten conta de deixala ben limpa, pero con coidado de non furar as paredes da cabaza. 

4- Fai o teu deseño cun lapis sobre a cabaza. Bótalle imaxinación!! Ponlle ollos, nariz, un sorriso monstruoso...Tamén podes buscar modelos que te inspiren en Internet. 

5- Coa axuda dun adulto, vai facendo buratos sobre o deseño que fixeches en lapis na túa cabaza. 

6- Podes complementala co que se che ocorra, para que a túa sexa a cabaza máis fashion de toda a exposición. 

7- Trae á escola a túa cabaza cun papeliño no que figuren o teu nome e curso. 

A TRABALLAR!! 

O venres 29 deberedes levar de volta a vosa cabaza, para que vos acompañe ao longo da festividade do Samaín.

RADIO RESÍO: Excursión ao Parlamento e á Xunta

 Deixámosvos un novo programa de Radio Resío no que vos contamos a excursión que fixeron os de 5º e 6º a semana pasada a Santiago, onde visitaron a sé do Parlamento de Galicia e o edificio da Xunta en San Caetano. Agardamos que vos guste!


PROGRAMA DE RADIO




Excursión a Santiago de 5º e 6º de Primaria



O mércores 19 fomos de excursión a Santiago a ver o Parlamento e o edificio da Xunta de Galicia. Saímos do colexio as nove e media. Estivemos unha hora e media no autobús. Chegamos ao parlamento e nos recibiu unha guía chamada Adriana. 


Entramos nunha sala e nos explicaron as funcións do Parlamento. Na sala había tapices dos escudos das 7 antigas provincias do reino de Galicia. Tamén había cadros dos presidentes de Galicia que xa non están. Tamén nos puxeron un vídeo das funcións do Parlamento: -Teñen tres funcións: -Lexislativo -Electivo -Control executivo. 

Despois fomos á biblioteca e polos corredoiros vimos unha chea de cadros de Galicia. Chegamos a biblioteca e os libros falban de leis, dereito, infraestruturas etc... Despois de rematar na biblioteca fomos a ver un debate no que un queria separar as nenas dos nenos nas escolas. 



Ao sair do parlamento fomos a Xunta. Nos recibiu una guía chamada Laura, nos ensino o edificio que era una escola de xordomudos fomos a onde se aproban as leis e logo onde os conselleiros debatian.









21 de out. de 2022

RADIO RESÍO: Visita ás salinas romanas de Vigo

 Os alumnos de 6º fixeron o martes 17 de outubro unha visita ás salinas romanas de Vigo, na rúa Rosalía de Castro. Aproveitamos a saída para pasear pola praza de Compostela, tamén coñecida como a Alameda, na que puidemos ver estatuas e esculturas, árbores moi grandes e vellas e exemplos da arquitectura de prinicipios do s. XX. Agardamos que vos guste o noso programa!!

PROGRAMA DE RADIO: As salinas romanas




20 de out. de 2022

Excursión Pza. Compostela e Salinae


Empezamos a excursión na praza de Compostela que antes chamábase Alameda. O nome cambiouse o 13 de marzo de 1935 aínda que hai xente que a segue chamando Alameda. A finais do século XIX foi o primeiro xardín urbano. Había moitas arbores: magnolios, unha araucaria moi grande, uns fentos xigantes e Camelios. Tamén había moitas estatuas na praza: de pescadores, de Don Castro Méndez Nuñez (construíse o 21 de agosto de 1890), outra dunha cabra e un carneiro, dun neno montado nun caracol, de Curros Enríquez, outra dunha muller con tres nenos buscando a o seu pai que foi ao mar...

Ademais, vimos edificios modernistas, un tiña forma de barco! Había un edificio horrible, que era unha mestura entre moderno e antigo. Había unha que era “ A casa Yañez”, de 1900, que foi feita para Paulino e Francisco Yañez. Tamén vimos o consulado de Ecuador. Na rúa Policarpo Sanz hai unha placa que indica que alí viviu Camilo José Cela, que levou un premio Nobel de literatura. A maioría dos edificios históricos agora son bancos.




Despois fomos as salinas, vimos algúns restos arqueolóxicos, como por exemplo: as propias salinas, as receitas de Apicius, o calzado dos romanos, a salsa Garum...



Contáronnos que a calle Pontevedra era Necrópole, é dicir, un cemiterio. Explicáronos que o sal servía para: Conservar os alimentos, para cociñar, para pagar e para facer tintes.

Para saber que cociñaban os romanos, utilizaron a técnica mapache, que consiste en escarvar e atopar a comida petrificada, e polos libros

antigos.



O primeiro paso para a obtención da sal é que cando chega pasa por unha piscina con moita altura que ten pedras dentro para quitar a sucidade.

O segundo paso é que pasa a outra piscina.

Despois deixan que a auga se evapore.


13 de out. de 2022

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO

 Outro ano máis, as familias teñen a oportunidade de participar no terrorífico Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio que facemos todos os anos cando chega o Samaín.

As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 

- AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio.

- VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.

NORMAS para os relatos: 
1- Estes terroríficos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 
2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 
3- Deben de durar como moito 1 minuto e medio. 
4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video
5- Cando xa teñades os microrrelatos feitos, tedes que envialos por unha destas canles: 
· E mail: juanlf@colexiorocio.com 
· WhatsApp da nosa escola 658715569 
· Traer á escola nun Pen drive 
6- A data límite para entregar os vosos relatos será o día 24 de outubro ás 23:59h. 
 
O día 28 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos aos autores  destas terroríficas creacións. 
Haberá uns horribles e monstruosos premios para os finalistas e gañadores das diferentes categorías do concurso. 
Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios
-A corrección idiomática 
-Os efectos especiais 
-A participación do alumnado 
-A entonación e interpretación
-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser necesariamente nesa orde!)

Agardamos a vosa participación!!!