PREME NA IMAXE PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES
Marcadores
30 de abr. de 2014
Actividades para as Letras Galegas
Achegándose xa o día 17 de maio, queremos presentarvos as actividades que o Seminario Galán propón para coñecer a Xose María Díaz Castro, personaxe homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.
29 de abr. de 2014
22 de abr. de 2014
Festa da Sementeira de Matamá
PREME NA IMAXE PARA TER MAIS INFORMACIÓN
Un ano máis, o Colectivo Malaherba de Matamá organiza a Festa da Sementeira, na que poderedes gozar dunha chea de actividades, entre as que destacamos as Olimpiadas do Campo do sábado, a labranza cos bois e a sementeira do millo o domingo. Porén, a festa non remata aí. Tamén podedes acudir as diversas actuacións que terán lugar nesta fin de semana: Sergio Pazos (monólogo); Escornabois, Gaitas do SCRD Nautilus, Zurrumalla, Sacha na horta, Sanamá...
Contamos con vós!!!
10 de abr. de 2014
Concerto en apoio á Semente Vigo
Este sábado 12 de abril, ás 18:30 h, no Centro Cívico de Teis. haberá un concerto infantil en apoio á escola Semente Vigo.
Contará coas actuacións de Paco Nogueiras Nodar, Pablíssimo contacontos e Andrea Bayer.
A entrada custa 5 € e os cartos recadados axudarán a financiar o proxecto educativo de Semente Vigo.
Contamos con vós!!
3 de abr. de 2014
Como cho digo ;-)
Ponse en marcha Como cho digo ;-), unha campaña para a visibilización do uso do galego na comunicación.
Assinar:
Postagens (Atom)