Marcadores

31 de mai. de 2022

RADIO RESÍO: Novo programa de "Música no faiado"

 Desde o club de lectura da nosa escola envíannos este novo programa da nosa radio escolar Radio Resío, na que lle dan un repaso á música do século XX, relacionada co libro "Música no faiado" de Miguel Ángel Alonso Diz

Aquí podedes escoitar o programa : PREME AQUÍ








14 de mai. de 2022

Celebramos os Maios e as Letras Galegas 2022

Onte, 13 de maio celebramos na nosa escola a festa dos Maios e das Letras Galegas. 

Ao longo da semana estivemos investigando arredor da figura de Florencio Delgado Gurriarán e traballamos con estes materiais.


Ao longo da mañá, os distintos cursos foron encargándose de realizar as grilandas do maio con flores, con ovos, preparar a estrutura vexetal, etc...

Tedes neste enlace algunhas das fotos que tiramos ao longo da xornada:

FOTOS 1


FOTOS 2

Como todos os anos, tras confeccionar o noso maio, reunímonos no patio para cantarlle as coplas. 

Despois, a aula de 4º de Ed. Primaria fixeron o "baile das fitas" como xa é tradición na nosa escola.



Para rematar, cantamos o Himno todos xuntos.



 Desta ocasión contamos coa colaboración das pandereiteiras "As mozas de Ouro" de Coruxo, xunto cun par de gaiteiros que nos quixeron acompañar, Xacobe e Luís. A todos eles, moitas grazas! E agardamos que repitan o próximo ano.