Marcadores

18 de nov. de 2026

RADIO RESÍO: Program dedicado á Excursión a Santiago

 Ola amigos! No seguinte enlace tedes o último programa de Radio Resío, dedicado á excursión á Catedral de Santiago que fixemos os cursos de 2º a 6º de Primaria. Agardamos que vos guste!!

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR O PROGRAMA 

 Catedral de Santiago de Compostela - Wikipedia, la enciclopedia libre

 

13 de out. de 2026

Concurso de Micro-relatos de Medo e Misterio

 Actividades para Educación Infantil: SAMAÍN Galicia

 Como todos os anos coa chegada do Samaín, convocamos as familias para participar no Concurso de Micro-relatos de Medo e Misterio.

Atentos as normas para os vosos relatos:

 

NORMAS para os relatos: 

1- Os microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega.

2- Todos os microrrelatos serán presentados en formato de VÍDEO

3- O tema ten que ser de medo ou de misterio. Pode esta relacionado ou ambientado en CAMIÑOS, como o tema anual do centro.

4- Deben de ter unha duración máxima de TRES MINUTOS. 

5- Establécense 2 categorías: PEQUES (4º de Ed. Infantil ata 2º de Ed. Primaria) 

e MAIORES (3º a 6º de Ed. Primaria)

6- Tedes que envialos por unha destas canles: 

· E mail: juanlf@colexiorocio.com 

· WhatsApp da nosa escola 658715569 

· Traer á escola nun Pen drive 

7- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 26 de outubro ás 23:59h. 


Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes  

criterios: 

CRITERIOS DE PUNTUACIÓN

-A corrección idiomática 

-A participación do alumnado 

-A entonación e interpretación

-A estrutura do relato (O guión): inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser 

necesariamente nesa orde!)

-Os efectos especiais


O venres 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos os gañadores das diferentes categorías do concurso.

23 de jun. de 2026

RADIO RESÍO: Programa especial 8M

 Nesta nova entrega de Radio Resío temos a Rosa Chapela, directora do CETMAR e nai da nosa escola. Con ela falaremos sobre a súa traxectoria e as investigacións que desenvolven no seu centro de traballo.

Agardamos que vos guste!!

PREME AQUÍ PARA ESCOITARES O PROGRAMA 


 

 

27 de fev. de 2026

RADIO RESÍO: Programa de Febreiro de 2026

 Ofrecémosvos unha nova emisión do noso programa de radio no que repasaremos o acontecido neste mes do Entroido na nosa escola. 

Agrdamos que vos guste!!

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR O PROGRAMA