Marcadores

13 de out. de 2026

Concurso de Micro-relatos de Medo e Misterio

 Actividades para Educación Infantil: SAMAÍN Galicia

 Como todos os anos coa chegada do Samaín, convocamos as familias para participar no Concurso de Micro-relatos de Medo e Misterio.

Atentos as normas para os vosos relatos:

 

NORMAS para os relatos: 

1- Os microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega.

2- Todos os microrrelatos serán presentados en formato de VÍDEO

3- O tema ten que ser de medo ou de misterio. Pode esta relacionado ou ambientado en CAMIÑOS, como o tema anual do centro.

4- Deben de ter unha duración máxima de TRES MINUTOS. 

5- Establécense 2 categorías: PEQUES (4º de Ed. Infantil ata 2º de Ed. Primaria) 

e MAIORES (3º a 6º de Ed. Primaria)

6- Tedes que envialos por unha destas canles: 

· E mail: juanlf@colexiorocio.com 

· WhatsApp da nosa escola 658715569 

· Traer á escola nun Pen drive 

7- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 26 de outubro ás 23:59h. 


Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes  

criterios: 

CRITERIOS DE PUNTUACIÓN

-A corrección idiomática 

-A participación do alumnado 

-A entonación e interpretación

-A estrutura do relato (O guión): inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser 

necesariamente nesa orde!)

-Os efectos especiais


O venres 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos os gañadores das diferentes categorías do concurso.

Nenhum comentário:

Postar um comentário