Como todos os anos coa chegada do Samaín, convocamos as familias para participar no Concurso de Micro-relatos de Medo e Misterio.
Atentos as normas para os vosos relatos:
NORMAS para os relatos:
1- Os microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega.
2- Todos os microrrelatos serán presentados en formato de VÍDEO
3- O tema ten que ser de medo ou de misterio. Pode esta relacionado ou ambientado en CAMIÑOS, como o tema anual do centro.
4- Deben de ter unha duración máxima de TRES MINUTOS.
5- Establécense 2 categorías: PEQUES (4º de Ed. Infantil ata 2º de Ed. Primaria)
e MAIORES (3º a 6º de Ed. Primaria)
6- Tedes que envialos por unha destas canles:
· E mail: juanlf@colexiorocio.com
· WhatsApp da nosa escola 658715569
· Traer á escola nun Pen drive
7- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 26 de outubro ás 23:59h.
Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes
criterios:
CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
-A corrección idiomática
-A participación do alumnado
-A entonación e interpretación
-A estrutura do relato (O guión): inicio, nó, e desenlace. (Non ten que ser
necesariamente nesa orde!)
-Os
efectos especiais
O venres 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos os gañadores das diferentes categorías do concurso.
