Marcadores

14 de out. de 2019

II Concurso Microrrelatos de Medo e Terror

Achegámonos ao Samaín, a época do ano máis misteriosa e terrorífica. Como no curso pasado, queremos que participedes coas vosas historias de medo na celebración desta festa. Animádevos!!!

Resultado de imagen de samaín
BASES DO II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E TERROR

- Convócase a todo o alumnado e as familias a participar do concurso de "Microrrelatos de medo" de Samaín.
- As categorías que se establecen son as seguintes:
"FAMILIAS": Nesta categoría os relatos poden ser realizados e interpretados polos alumnos e as súas familias.
"ALUMNO/A": Os relatos desta categoría deberán ser interpretados exclusivamente polos alumnos, aínda que poidan recibir axuda para elaborar o guión e a produción do relato. 
- Os relatos deberán ser elaborados en Lingua Galega
- A temática dos microrrelatos deberá ser de terror, medo ou misterio.
- Os relatos deben de ter unha duración máxima de 1 minuto.
- Os relatos poden ser realizados en vídeo ou audio, puidendo presentarse en formato de curtametraxe ou de audio-relato.
- Os relatos poderán ser enviados polas seguintes canles:
 1) WhatsApp da escola 658715569
 2) E-mail: juanlf@colexiorocio.com  
 3) Traer á escola nun Pen drive.
- O prazo de presentación dos microrrelatos rematará o Luns 28 de outubro, este incluído, ás 23:59:59 h)
- O día 30 de outubro, coñeceremos os microrrelatos gañadores. Os seus autores recibirán un premio horripilante e monstruoso.

- Os microrelatos de medo serán avaliados tendo en conta estes criterios:
  • A participación do alumnado.
  • A corrección idiomática
  • A duración
  • A entoación
  •  A estrutura: introdución, nó e desenlace.
  • Os efectos especiais
  • A data de entrega