Nas seguintes ligazóns podedes atopar unha chea de recursos relacionados co Entroido en Galicia.
O primeiro, o monográfico colaborativo creado pola Coordinadora Galega de EDNL. No segundo, podemos atopar diversos recursos dispoñibeis na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Marcadores
25 de fev. de 2014
21 de fev. de 2014
Editorial Galaxia inaugura unha canle online con vídeos de música infantil.
Sonárboretv é unha canle no youtube na que se irán ofrecendo
os vídeos que protagonizan os libro-discos da colección
Sonárbore. Polo momento poden visionarse os vídeos correspondentes aos
traballos 'Bicos de música', de Mamá Cabra, e 'María Fumaça'. Nos
próximos días iranse incorporando outros doutras producións, segundo
informou a editorial.
5 de fev. de 2014
O Entroido de Galicia
Un apartado especial dentro do noso proxecto anual "Galicia 365", vai ser o adicado ao Entroido.
En Galicia a celebración do Entroido é unha tradición moi antiga. Temos moitos e moi variados Entroidos dentro do noso país, tan semellantes e ao mesmo tempo tan diferentes entre eles.
A modo de introducción, aquí vos deixamos unha pequena actividade para familiarizarnos coas distintas celebracións, figuras e tradicións de Entroido que se celebran en Galicia.

Assinar:
Postagens (Atom)