Marcadores

23 de nov. de 2012

O TSXG bota embaixo a consulta do PP ás familias sobre o uso do galego en Infantil

Invalida tamén que o alumnado use no aula calquera idioma; terá que falar no que se imparta a materia.
 Non haberá consulta ás familias para escoller a lingua vehicular do ensino en Infantil. Así o dispón a resolución do TSXG que vén de se facer pública nesta quinta feira, e que bota embaixo "o artigo que supuxo o varrido da nosa lingua no 96% dos centros de ensino do País", sinala Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización.

21 de nov. de 2012

6 de nov. de 2012

Vinte anos de incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en Galiza

O documento europeo que protexe as linguas rexionais ou minoritarias históricas de Europa celebra os seus vinte anos coas críticas á actuación dos gobernos español e galego polo seu incumprimento. A Mesa e AGAL exixen que os poderes públicos recoñezan os seus compromisos en materia lingüística coa UE.



5 de nov. de 2012

Ollos de aula

Xa tedes nas vosas mans o Nº 2 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado.

O que buscabas!!

Presentámosvos o Blogue "Recursos GZ".  Mirade a cantidade de recursos que teñen! Desde música, filmes, xogos, actividades... Un blogue que non vos debedes perder.