Como xa saberedes, Shigeru Miyamoto, o creador de Super Mario Bros. e moitos outros personaxes de Nintendo, acaba de ser premiado co Premio Principe de Asturias de Comunicación.
Os seus videoxogos, dirixidos a todos os públicos baixo un enfoque familiar, foron recoñecidos "por excluir a violencia e por innovar
con programas e formatos que axudan a exercitar a mente nas súas múltiples facetas, resultando moi valiosos desde un punto de vista
educativo."
Aquí vos deixamos unha canción que o grupo galego Ataque Escampe lle dedicou ao fontaneiro máis famoso entre a rapaza de medio mundo. Para escoitala, PREME NA IMAXE:
Nenhum comentário:
Postar um comentário