Xunto á documentación para formalizar a matrícula na etapa de Educación Infantil, a Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria envía unha enquisa na cal se
pregunta pola lingua materna do neno ou da nena. As dúas opcións que se ofrecen
son castelán ou galego.
As familias debedes saber que o resultado da devandita enquisa establece a
lingua que se vai empregar na aula durante os tres cursos da etapa de Educación
Infantil.
Se desde a escola se vos pide ás familias que
decidades, debedes ter toda a información
para facelo de xeito responsable, sendo conscientes das consecuencias
que a vosa escolla terá no futuro.
Hai moitas razóns polas cales cómpre elixir o
galego para os nosos nenos e nenas:
- Porque necesitan competencia nas dúas linguas para
poderen no futuro decidir cal queren usar.
- Porque é un momento decisivo na súa aprendizaxe e
deben saber que o galego é tamén unha das linguas da escola.
- Porque mellorarán a competencia en castelán e
noutras linguas.
- Porque chegarán con mellor preparación ao ensino
primario.
- Porque poñerán en valor o que lles pertence como
galegas e galegos.
- Porque renunciar a que o galego forme parte do
ensino infantil, supón perder a oportunidade de ilo integrando de
xeito natural e sen ningunha dificultade.
Está na vosas man facer unha escolla responsable.
Nenhum comentário:
Postar um comentário