Desde o 14 de maio e ata o domingo 20 estase a celebrar en Redondela a 13ª edición deste festival, organizado pola
Concellería de Cultura do Concello de Redondela e a Asociación Xente
Titiriteira.
O festival contará coa presenza de quince compañías de teatro de catro paises distintos: Inglaterra, Dinamarca, Portugal e España, artistas especializados na manipulación de obxectos, títeres de man e luva, marionetas de fíos, bonecos tradicionais de madeira e sombras chinesas.

Hay dúas programacións, a de sala que se desenvolverá no Auditorio Multiusos da Xunqueira e a de rúa que transcorrerá nas distintas rúas e prazas do municipio redondelán.
As actuacións de rúa son de balde, mentres que as de sala teñen prezos de 3 a 5 euros.
Posto que o tempo non acompaña nestes días para ir á praia, suxerímosvos que vos pasedes por Redondela, xa que contan con carpas e espazos acondiconados para evitar a chuvia.
PREME NA IMAXE PARA VER O FOLLETO
Nenhum comentário:
Postar um comentário